Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/08/2018

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 192 mércores, 22 de agosto de 2018

BOP de Lugo
De conformidade co establecido nos artigos 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación, aprobado por Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, comunícase que o prazo de ingreso en período voluntario de Taxas e Prezos Públicos, relacionados abaixo, empezará a contar o día 22/08/2018 e finalizará o día 22/10/2018, ambos os dous incluidos.
Relación de tributos e concellos:
CONCELLO

PERIODO

TAXAS

SOBER

1º-semestre-2018

Taxa auga, sumidoiros e Canon Auga Xunta de Galicia
SOBER

1º-semestre-2018

Taxa pola recollida de residuos sólidos urbanos
O VALADOURO

1º-semestre-2018

Taxa auga, lixo, sumidoiros, Canon auga e Coeficiente de vertedura Xunta de Galicia
O PÁRAMO

2º-trimestre-2018

Taxa de recollida de residuos sólidos urbanos
TRABADA

1º-semestre-2018

Taxa pola recollida lixo
NAVIA DE SUARNA

1º-trimestre-2018

Taxa pola recollida lixo
NAVIA DE SUARNA

2º-semestre-2017

Taxa suministro auga municipal e Canon Auga Xunta de Galicia
A PONTENOVA

1º- trimestre-2018

Taxa auga, lixo, sumidoiros e Canon Auga Xunta de Galicia
POL

1º-trimestre-2018

Taxa pola recollida de residuos sólidos urbanos
O ingreso das débedas realizarase en calquera oficina da Entidade ABANCA, La Caixa - Caixabank SA, Banco Bilbao Vizcaya Argentaria S. A. BBVA e Banco Sabadell S.A., en días laborables, de luns a venres, de 08:30 a 14:00 h, na que se presentará o documento de ingreso que se envía, por correo, aos domicilios dos contribuíntes. As persoas que non reciban ou extravíen o documento de ingreso, poderán solicitar un novo na oficina da entidade bancaria e realizarán, igualmente, o pagamento.
O pagamento dos citados tributos poderase domiciliar, para anos sucesivos, en caixas de aforros, bancos e demais entidades financeiras. Para este trámite será necesario cubrir o impreso de domiciliación que acompaña ao documento cobratorio e remitilo ao Servizo de Xestión Tributaria e Recadación, ou ben entregalo en calquera oficina de ABANCA, cando a domiciliación se refira a unha conta aberta nesta entidade.
Infórmase tamén que, transcurrido o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas faranse efectivas pola vía de constriximento e serán esixibles as recargas do período executivo e os xuros de mora correspondentes, tal como estipulan os artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, do dezasete de decembro, xeral tributaria e, se é o caso, as custas que se produzan.
A falta de pagamento do Canon da Auga e do Coeficiente de Vertedura, no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuíente pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
Lugo, 3 de agosto de 2018.- O PRESIDENTE, P.D. Decreto nº 1357/2016, de data 01-7-2016, A Deputada Delegada de Economía, Recadación e Facenda, Mayra García Bermúdez R. 2344

CONCELLOS
ABADÍN
Anuncio La Xunta de Galicia aprobó definitivamente la Delimitación de suelo de núcleo rural de As Veiguiñas, en la parroquia de Moncelos, en el Ayuntamiento de Abadín, mediante Resolución de 12 de junio de 2018, de la Dirección General de Ordenación del Territorio y Urbanismo, publicada en Diario Oficial de Galicia nº 152 de fecha 9 de agosto de 2018 e inscrita en el Registro de Planeamiento Urbanístico de Galicia con fecha de 14 de agosto de 2018.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/08/2018

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date22/08/2018

Page count21

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions