Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/08/2018

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 188 venres, 17 de agosto de 2018

BOP de Lugo
Lugar: Salón Comisión da Casa Consistorial do Concello de Lugo.
Terceiro.- Procédase a súa publicación na forma legalmente establecida, facendose constar que o presente acto pon fin á vía administrativa e que contra o mesmo, de conformidade co previsto nos artigos 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado desta orde en Lugo, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ó da notificación.
Non obstante poderá interpoñer, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes contado dende o día seguinte á recepción desta notificación.
Contra a resolución expresa do recurso de reposicion podrá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo no devandito prazo de dous meses.
Todo isto sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro recurso que estime conveniente.
R. 2251

MONFORTE DE LEMOS
Anuncio APROBACION PADRONS AXUDA AO FOGAR BASICA E LEI DEPENDENCIA XULLO 2018, E ANUNCIO DE
COBRANZA
Por Resolución de Alcaldía día 3.08.2018 aprobáronse os seguintes padróns de prezos públicos: Axuda ao Fogar Básica e Lei dependencia do mes de xullo de 2018.
De acordo co disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, notifícanse colectivamente os recibos derivados destes padróns.
De conformidade coa Ordenanza Xeral de ingresos municipais de dereito público, exporanse ao público nun prazo de 20 días, contados a partir do primeiro día do período de pago en voluntaria destes padróns, para que se poidan presentar as reclamacións pertinentes.
De acordo co artigo 14.2 c do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei das Facendas Locais, contra o acordo de aprobación dos padróns e das súas liquidacións poderase interpor recurso de reposición no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao remate da exposición pública dos padróns. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderase interpor recurso contencioso-administrativo na forma e prazos que a tal efecto se establecen na Lei 25/98 de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.
De acordo co disposto no artigo 62.3 da Lei Xeral Tributaria , fíxase como prazo de pago en período voluntario, dende o 16.08.2018 ata o 16.10.2018.
Advírtese que transcorrido o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas serán esixidas pola vía de constrinximento, e devindicaranse as correspondentes recargas do período executivo, os xuros de mora, e no seu caso, as costas que se produzan Monforte de Lemos, 3 de xullo de 2018.- O alcaldepresidente, José Tomé Roca.
R. 2253

RIBEIRA DE PIQUÍN
Anuncio Aprobado definitivamente o expediente de modificación de créditos 6/2018- expediente de transferencia de créditosdentro do vixente Orzamento por importe de 12.032,72 € Doce mil trinta e dous euros con setenta e dous céntimos, ao non presentarse ningunha reclamación no período de exposición ao público daquel BOP nº 164, de data 18/07/2018, en aplicación do disposto no artigo 169, por remisión do 179.4, do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e o artigo 42 en relación cos artigos 20 e 22 do R.D. 500/1990, do 20 de abril, faise público resumido por capítulos:
PARTIDAS DE GASTOS CON CRÉDITOS EN BAIXA
Partida 920.120

Denominación Administración xeral. Retribucións básicas
Crédito inicial 37.000,00 €

Importe baixa 4.575,96 €

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/08/2018

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date17/08/2018

Page count12

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions