Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/08/2018

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

5

Núm. 182 xoves, 9 de agosto de 2018

BOP de Lugo
De non presentarse reclamacións, entenderase definitivamente aprobada a modificación orzamentaria sen necesidade de novo acordo plenario.
Na Pontenova, a 3 de agosto do 2018. O Alcalde, Darío Campos Conde.
R. 2241

PORTOMARÍN
Anuncio Tendo previsto ausentarme do termo municipal entre os días 01 a 31 de agosto deste ano, ambos inclusive, e para non prexudica-lo funcionamento normal da vida municipal, de conformidade co disposto nos artigos 23.3
da Lei 7/1985, de 2 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, así como no art. 63 da Lei de Administración Local de Galici , por medio da presente RESOLVO:
Primeiro: Delegar, no Primeiro Tenente de Alcalde do concello de Portomarin, Don Jose Pérez Fernández, a totalidade das funcións da Alcaldía, entre os días 01 a 31 de agosto, ambos inclusive, por mor da miña ausencia do termo municipal, para non perxudicar o funcionamento do concello.
Segundo: O presente Decreto surtirá efectos a partires do día seguinte ó desta data, sen prexuízo da súa publicación no Boletín Oficial da provincia, debendo dar conta ó Pleno na primeira sesión que este celebre.
Portomarin, a 31 de XULLO de 2018.- O Presidente, Juan Carlos Serrano López R. 2206

Anuncio ALLEAMENTO DE VIVENDA DE PROPIEDADE MUNICIPAL MEDIANTE POXA A ALZA
En sesión celebrada con data 12-07-2018 a Xunta de Goberno Local acordou aprobar o expediente asi como o prego de condicións elaborado para o alleamento do inmoble sito en rúa Compostel nº8 Portomarin polo procedemento de poxa pública a alza, con posibilidade de presentar ofertas en sobre pechado.
En cumprimento da LCSP e do Prego de Condicións, faise público o anuncio de alleamento cos seguintes datos xerais:
Obxeto do contrato:
Constitúe o obxecto do contrato o alleamento por este Concello do ben inmoble, de propiedade municipal situado na RUA COMPOSTELA nº8, deste Municipio.
Descrición de inmoble: VIVENDA UNIFAMILIAR E DEPENDENCIAS ANEXAS, a Situación xeográfica: Referencia catastral 3205207PH1430N0001TY/3205207PH1430N0002YU
Tipo de Licitación:
O tipo de licitación á alza é o de 186.064,06 euros cento oitenta e seis mil sesenta e catro euros con seis céntimos de euro.
Procedemento de Selección e Adxudicación:
A forma de adxudicación do alleamento será a poxa pública a alza, con posibilidade de presentar ofertas en sobre pechado.
Para a valoración das proposicións e a determinación da mellor oferta atenderase a un só criterio de adxudicación, que deberá ser necesariamente o do mellor prezo.
Garantias esixidas:
Garantía provisional do 5 % 9.303,20 €.
Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
Data limite: 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da última publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, taboleiro de anuncios do Concello, no Perfil de Contratante da páxina web do concello www.concellodeportomarin.es e nos diarios el Progreso e La voz de Galicia.
Lugar de presentación: As ofertas presentaranse no Concello de Portomarin Praza Condes de Fenosa s/n, en horario de atención ao público. Tamén poderán presentarse, por correo, por telefax, ou por medios electrónicos, informáticos ou telemáticos en calquera dos lugares establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/08/2018

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date09/08/2018

Page count9

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions