Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/08/2018

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 180 martes, 7 de agosto de 2018

BOP de Lugo
O 20/04/2018 a empresa Enel Green Power España SLU, en contestación a un requirimento da xefatura territorial, completou o modificado presentado, coa seguinte documentación:
Declaración responsable do técnico proxectista, esixida polo artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Cálculos mecánicos no apoio do entroncamento, Estudo de campos electromagnéticos e Relación de normas de aplicación.
Quinto.- O 18/03/2018 os servizos técnicos da xefatura territorial trasladaron a Unión Fenosa Distribución SA a separata técnica do modificado ao proxecto inicial da infraestrutura eléctrica correspondente ao entroncamento na subestación Chantada da LAT 220 kV Serra das Penas - Chantada, para os efectos de obter o seu informe ao respecto.
Esta empresa non contestou á esta petición inicial, nin á súa reiteración, polo que se entende a súa conformidade coa autorización da infraestrutura eléctrica proxectada, de acordo co disposto nos artigos 127 e 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.
Sexto.- O 12/06/2018 a xefatura territorial emitiu informe favorable sobre o modificado ao proxecto inicial da infraestrutura eléctrica correspondente ao entroncamento na subestación Chantada da LAT 220 kV Serra das Penas - Chantada.
CONSIDERACIÓNS LEGAIS E TÉCNICAS
Primeira.- A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de Autonomía de Galicia; no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas; no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas e a súa asignación á Consellería de Industria, Enerxía e Comercio; no Decreto 135/2017, do 28
de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; en relación coa Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; co Real decreto 1955/2000, do 1
de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común; e coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas.
Segunda.- No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e na Resolución do 19/02/2014 da Consellería de Economía e Industria pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción.
De conformidade co que antecede e no exercicio das competencias que teño atribuídas, RESOLVO
Outorgar a Enel Green Power España SLU a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da infraestrutura eléctrica correspondente ao entroncamento na subestación Chantada da LAT 220 kV Serra das Penas Chantada.
Todo isto de acordo coas seguintes condicións:
Primeira.- As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución presentado pola empresa promotora, Enel Green Power España SLU, denominado Modificado do proxecto entroncamento LAAT Serra das Penas en subestación Chantada 220 kV, datado en decembro de 2017, asinado polo enxeñeiro industrial Enrique Fernández Olea colexiado nº 573 do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia e visado por este colexio con nº 20180358 e data 15/02/2018; e no que figura un orzamento total de 415.820,17 €.
Segunda.- A empresa promotora asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
Terceira.- Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa da Dirección Xeral de Enerxía e Minas; non obstante, a xefatura territorial poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar á dita dirección xeral todas as resolucións que diten en aplicación da citada facultade.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/08/2018

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date07/08/2018

Page count16

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions