Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/08/2018

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 175 mércores, 1 de agosto de 2018

BOP de Lugo
A lectura pública polas persoas aspirantes sempre que o contido da proba o permita así como a realización
de preguntas ou aclaracións necesarias que versarán sobre a materia obxecto da proba para formar unha opinión máis precisa dos coñecementos práctico de cada aspirante.

Os criterios obxectivos de corrección.
Esta proba é obrigatoria e eliminatoria.
Cualificarase ata un máximo de 20 puntos, sendo a puntuación mínima para superala 10 puntos.
4.2. FASE DE CONCURSO. BAREMO DE MÉRITOS puntuación máxima 18 puntos.
Criterios xerais para todos os apartados do baremo:

Só se valorarán os méritos que a xuízo do Tribunal estean acreditados conforme se sinala na base 9.2. das Bases Xerais.

Non se valorarán os méritos acreditados que non estean relacionados, a xuízo do Tribunal, coas funcións sinaladas na base específica 2 a excepción do apartado de idioma Galego que se puntuará en todos os casos.
4.2.1 Experiencia profesional puntuación máxima de 7 puntos.
Criterios xerais:

O cómputo dos días de experiencia profesional realizarase conforme aos días acreditados no informe de vida laboral.

A experiencia nas Administracións Públicas e/ou nas Entidades do Sector Público puntuarase se a relación de servizos é funcionarial, laboral ou, se é o caso, autónoma.

No suposto de ser autónomo a puntuación realizarase segundo o tempo certificado polas Administracións Públicas ou polas Entidades do Sector Público que corresponda.

A puntuación da experiencia profesional en entidades privadas realizarase en atención a denominación dos servizos prestados que figuren no contrato de traballo ou na nómina.
Criterios de puntuación:
a Experiencia profesional nas Administracións Públicas e/ou nas Entidades do Sector Público.

Desempeño nas mesmas prazas/postos/empregos que se convoca: Valorarase a razón de 0,084 puntos por cada 30 días de traballo.

Desempeño da prazas/postos/empregos con funcións similares: Valorarase a razón de 0,063 puntos por cada 30 días de traballo.

b Experiencia profesional en Entidades Privadas.

Desempeño do mesmo posto/emprego: Valorarase a razón de 0,042 puntos por cada 30 días de traballo.
Desempeño de postos/empregos similares: Valorarase a razón de 0,022 puntos por cada 30 días de traballo.
4.2.2. Formación Complementaria puntuación máxima 6 puntos.
Criterios xerais:

Non se puntuarán as asignaturas ou materias que formen parte dunha titulación académica, nin de masters propios.

Os cursos de informática valoraranse sempre que o Tribunal considere que son necesarios para realizar as tarefas do posto.

Non se puntuarán as accións formativas que non acreditan as horas de duración.
Criterios de Puntuación:
a Cursos, xornadas, seminarios, congresos, masters propios e similares:
TIPO DE CURSOS

PUNTUACIÓN POR HORA

Asistencia.

0,005

Aproveitamento.

0,010

Impartir cursos.

0,020

b Publicacións, proxectos ou similares puntuaranse a criterio do Tribunal en función da relevancia para o desempeño do posto.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/08/2018

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date01/08/2018

Page count19

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions