Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/08/2018

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

16

Núm. 175 mércores, 1 de agosto de 2018

BOP de Lugo
19.2. Convocatoria para a confección ou ampliación de Listaxes xerais de Emprego Temporal.
Á vista da orde de aspirantes proposta polo Tribunal, a Alcaldía/Xunta de Goberno resolverá o procedemento selectivo constituíndo ou incrementando as persoas integrantes da correspondente Listaxe Xeral de Emprego Temporal.
20. TOMA DE POSESIÓN OU FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.
Realizarase de forma inmediata debido a urxencia das incorporacións.
21. ADXUDICACIÓN DE PRAZAS/POSTOS/EMPREGOS.
As prazas/postos/empregos convocados adxudicaranse de acordo coas peticións das persoas interesadas segundo a orde obtida no proceso selectivo.
22. COMPATIBILIDADE CO DESEMPEÑO DA PRAZA/POSTO/EMPREGO QUE SE CONVOCA.
As persoas seleccionadas que veñan desempeñando unha actividade pública ou privada e queiran continuar realizándoa, deberán solicitar o recoñecemento de compatibilidade de conformidade co establecido no artigo 13
do Real Decreto 598/1985, de 30 de abril, Sobre Incompatibilidades do Persoal ao Servizo da Administración do Estado, de la Seguridade Social e dos Entes, Organismo e Empresas Dependentes, en relación co artigo 10 da Lei 53/1984, de 26 de decembro, de Incompatibilidades do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas.
De non ser compatible a actividade que viñeran desenvolvendo coa relación de servizo ao Concello, as persoas aspirantes seleccionadas comprometeranse a renunciar á mencionada actividade para poder tomar posesión ou formalizar o contrato.
23. DEREITO SUPLETORIO E XURISDICIÓN.
No non sinalado nas presentes bases, estarase ao establecido na normativa básica sobre selección de persoal ao servizo da Administración Local e demais normas que resulten de aplicación, estándose aos órganos competentes da Xurisdición Contencioso-Administrativa para dirimir as controversias que se produzan na aplicación destas.
24. RECURSOS.
Contra a resolución pola que se aproban as bases desta convocatoria, definitiva en vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer potestativamente recurso de reposición ante a Alcaldía ou Xunta de Goberno no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da súa publicación ou ben interpor recurso contenciosoadministrativo, ante o correspondente Xulgado do ContenciosoAdministrativo, no prazo de dous meses e na forma prevista na lexislación reguladora da dita xurisdición, sen prexuízo de que poidan interpoñer calquera outro que estime procedente.
O Incio, 17 de xullo de 2018.- A ALCALDESA, Laura Celeiro García.
R. 2075

RÁBADE
Anuncio De conformidade co disposto nos artigos 23.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 47 do regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das corporacións locais, faise público para xeral coñecemento que, por ausentarme do Concello entre os días 23 de xullo a 8 de agosto de 2018, ambos inclusive, substituirame nas funcións da Alcaldía deste Concello o primeiro tenente de alcalde don Alejandro Martínez Campos.
Rábade, 12 de xullo de 2012.- O Alcalde, Francisco Xosé Fernández Montes.
R. 2076

Anuncio Por resolución da Alcaldía-presidencia do Concello de Rábade de data 13 de xullo de 2018 prestouse aprobación ao Padrón da taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar correspondente ao mes de xuño de 2018, o cal se expón ao público polo prazo de quince días contados a partir do seguinte da súa publicación ao obxecto de que poida ser examinado e presentar contra o mesmo as reclamacións que se estimen pertinentes. Así mesmo faise saber que dita publicación servirá de notificación colectiva a todos os contribuíntes nel comprendidos ao amparo da Lei Xeral Tributaria.
Rábade, a 13 de xullo de 2018.- O Alcalde, Francisco Xosé Fernández Montes.
R. 2077

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/08/2018

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date01/08/2018

Page count19

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions