Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/08/2018

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

26

Núm. 198 mércores, 29 de agosto de 2018

BOP de Lugo
TERCEIRO. Condicións de Admisión de Aspirantes Para formar parte nas probas de selección, será necesario reunir os requisitos establecidos no artigo 56 do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro:
a Ter a nacionalidade española sen prexuízo do disposto no artigo 57 do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro.
b Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. Só por lei poderá establecerse outra idade máxima, distinta da idade de xubilación forzosa, para o acceso ao emprego público.
c Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas para o desempeño do traballo ao que se opta acreditándose a mesma mediante certificado médico.
d Non haber sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin acharse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non acharse inhabilitado ou en situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao empregado público.
e Estar en posesión de certificado de escolaridade ou titulación equivalente, ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias, que se deberá acreditar mediante documento oficial expedido polo organismo competente.
f Estar en posesión do carné de conducir tipo B .
g Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de Celga 2 ou o curso de iniciación, nos termos establecidos na disposición adicional 1 da Orde de 16 de xullo de 2007. Se non se pode acreditar este requisito poderase acceder igualmente ao proceso selectivo pero será necesario superar unha proba de lingua galega nos termos establecidos na cláusula sétima H Deberán atoparse en situación de desemprego ou de mellora de emprego para os casos que a xornada de traballo sexa igual ou inferior ao 50% da xornada.
CUARTO. Forma e Prazo de Presentación de Instancias As solicitudes requirindo tomar parte nas correspondentes probas de acceso, nas que os aspirantes farán constar que reúnen as condicións esixidas nas presentes bases xerais, para a praza que se opte dirixiranse ao Sr. AlcaldePresidente do Concello de O Saviñao, presentaranse no Rexistro Xeneral deste Concello ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de oito días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
As bases das probas selectivas, publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
A solicitude deberá ir acompañada por:

Solicitude de participación do Anexo I das bases.
Fotocopia do DNI ou, no seu caso, pasaporte.
Carné de conducir tipo B .
Certificado de escolaridade ou titulación equivalente.
Celga 2
Tarxeta de demandante de emprego Documentación acreditativa dos méritos que se aleguen a efectos de valoración na fase de concurso.

QUINTO. Admisión de Aspirantes Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía ditará resolución no prazo de cinco días naturais, declarando aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos. Na devandita resolución, que se publicará no taboleiro de edictos do Concello, sinalarase un prazo de dous días hábiles para enmenda. De non existir solicitudes de participación excluídas, a lista presentada ao remate do prazo de presentación de instancias, terá carácter definitivo.
As alegacións presentadas serán resoltas no prazo de 3 días dende a finalización do prazo para presentación.
Transcorrido devandito prazo sen que se ditara resolución algunha, as alegacións entenderanse desestimadas.
Transcorrido o prazo de emenda pola Alcaldía, aprobarase a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos, que se publicará no taboleiro de anuncios do Concello.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/08/2018

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date29/08/2018

Page count30

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones