Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/08/2018

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 1 DE AGOSTO DE 2018

N.º 175

CONCELLOS
CHANTADA
Anuncio DONA MARÍA ÁLVAREZ ALVAR, Secretaria do Concello de Chantada Lugo, CERTIFICO: Que segundo se desprende do borrador da acta da sesión celebrada polo PLENO DO CONCELLO en data 9 de xullo de 2018, adoptouse, entre outros, o seguinte ACORDO:
3.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIA DO ARTIGO 22.2 Ñ DA LRBRL DO PLENO NA XUNTA DE GOBERNO Pola Sra. Secretaria de conformidade co disposto no artigo 93 do ROF dáse conta do ditame emitido pola Comisión Informativa de Réxime Interior, Urbanismo Obras e Servizos, de data 3 de xullo de 2018.
Vista a proposta da Alcaldía de data 25/06/2018 que transcrita literalmente é do seguinte tenor Visto que existe a posibilidade de delegación de competencias de determinadas materias do Pleno no Alcalde e na Xunta de Goberno Local, conforme ao artigo 22.4 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.
Visto o Informe de Secretaría de data 25/06/2018 e de conformidade co disposto no artigo 22.4 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, PROPOÑO Ó PLENO A ADOPCIÓN DO SEGUINTE ACORDO
PRIMEIRO. Delegar o exercicio da competencia de aprobación dos proxectos de obras e servicios cando sexa competente para a súa contratación ou concesión, e cando aínda non estén previstos nos orzamentos, do Pleno na Xunta de Goberno Local, axustándose ao previsto no artigo 22.4 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.
SEGUNDO. Publicar o acordo de delegación no Boletín Oficial da Provincia, cursando efecto a partir do día seguinte ao da súa adopción.
TERCEIRO. Dar conta á Xunta de Goberno Local deste acordo na próxima sesión que se celebre.
VISTO o Ditame favorable da Comisión Informativa de Réxime Interior, Urbanismo Obras e Servizos, de data 3 de xullo de 2018.
Ábrese o turno de intervencións:
Con posterioridade e tralo o debate do asunto, e de acordo co disposto no artigo 98.1 do ROF, sométese a votación e o Pleno do Concello de Chantada, co voto favorable do Grupo Municipal INTA 6, e cos votos en contra do Grupo Municipal do Partido Popular 2, do Grupo Municipal do PSG-PSOE 3 do grupo Por ChantadaCup 1. Sendo o resultado de empate de acordo co artigo 100.2 do ROF emite o Alcalde Presidente o voto de calidade en sentido afirmativo á adopción do acordo, e polo tanto o Pleno do Concello de Chantada adopta o seguinte ACORDO:
PRIMEIRO. Delegar o exercicio da competencia de aprobación dos proxectos de obras e servicios cando sexa competente para a súa contratación ou concesión, e cando aínda non estén previstos nos orzamentos, do Pleno na Xunta de Goberno Local, axustándose ao previsto no artigo 22.4 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.
SEGUNDO. Publicar o acordo de delegación no Boletín Oficial da Provincia, cursando efecto a partir do día seguinte ao da súa adopción.
TERCEIRO. Dar conta á Xunta de Goberno Local deste acordo na próxima sesión que se celebre.
E para que conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, coas reservas en canto á súa forma do artigo 206 do ROF, en Chantada a DATA DA SINATURA ELECTRÓNICA
Vº e Pr. O ALCALDE P.D: Decreto 289/2018 Manuel Diéguez Carballo

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/08/2018

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date01/08/2018

Page count19

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones