Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/08/2018

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 189 sábado, 18 de agosto de 2018

BOP de Lugo
B Aprobación de expedientes de incorporación de remanentes de crédito.
C Outorgamento de licencias urbanísticas ou de calquera clase agás as autorizacións para espectáculos con artificios pirotécnicos en festas populares, quedando por tanto excluidos os actos administrativos que se dicten en todo tipo de procedementos derivados da presentación de comunicacións previas ou de declaracións responsables así como as que as ordenanzas e as Leis sectoriais atribúan ó Concello Pleno.
D Aprobar a oferta de emprego público de acordo co Orzamento e a plantilla aprobados polo Pleno.
E As aprobacións dos instrumentos de planeamiento de desenvolvemento do planeamento xeral non expresamente atribuídas ó Pleno, así como as dos instrumentos de xestión urbanística e dos proxectos de urbanización.
F O exercicio das accións xudiciais e administrativas e a defensa do Concello nas materias de competencia da Alcaldía.
G A adquisición de bens e dereitos dentro dos límites establecidos na Disposición Adicional segunda do TRLCSP. Adxudicación de concesións sobre os bens das Entidades Locais e a adquisición de bens inmobles e dereitos suxeitos á lexislación patrimonial cando o seu valor non supere o 10 por cento dos recursos ordinarios do orzamento nin o importe de tres millóns de euros así como o alleamento do patrimonio, cando o seu valor non supere a porcentaxe nin a contía indicados.
Segundo.- Publíquese na sua parte dispositiva no Boletín oficial da Provincia de Lugo e déase conta ó Concello Pleno.
Becerreá, 02 de agosto de 2018.- O Alcalde, Manuel Martínez Núñez.
R. 2268

Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA
Elevado a definitivo, por non terse presentado reclamacións, e así dispoñelo o acordo de plenario de data 7 de xuño de 2018 a medio da presente, publícase o devandito acordo na sIúa parte dispositiva en cumprimento do disposto nos artigos 49 e 70 da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.
MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO ORGANICO DO CONCELLO DE BECERREÁ
PREAMBULO
Desenvolvendo a autonomía recoñecida no artigo 140 da Constitución, a Lei 7/1985, de 2 de Abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, nos seus artigos 4.1a e 22.2.d, en relación co 20.3 e 49, recoñece ao Pleno dos concellos a potestade de autoorganizarse facultándolos para aprobar as normas que han de rexer a súa organización e funcionamento en función das súas peculiaridades e necesidades, sempre que esta potestade se exerza dentro dos límites establecidos en dita Lei e na Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia .
O mellor funcionamento dos órganos decisorios desta Corporación esixe facer uso desta potestade para completar a normativa xeral sobre funcionamento das Corporacións Locais e introducir nela aquelas concrecións necesarias para mellorar a súa actuación.
Todo iso ven a xustificar a adecuación da norma aos principios de boa regulación previstos no artigo 129.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, cumprindo con iso a obriga das Administracións Públicas de actuar de acordo cos principios de necesidade, eficacia, proporcionalidade, seguridade xurídica, transparencia, e eficiencia.
Artigo 1: Tódalas referencias contidas no presente regulamento relativas á Comisión de Goberno deben entenderse refereridas á Xunta de Goberno Local.
Artigo 2: Modifícase o artigo 4 engadindo un novo apartado 4:
4.4 Cando todolos concelleiros poidan ter acceso á plataforma de xestión documental do Concello de Becerreá, o acceso á documentación correspondente aos asuntos que vaian ser elevados ao Pleno do Concello e demáis órganos colexiados se efectuará por medio desta plataforma, ao expediente que se teña creado ao efecto e na que cada concelleiro estará debidamente acreditado e habilitado. A partires deste momento tamén as notificacións e citacións se realizarán a traveso da plataforma de xestión documental tendo por tanto os concelleiros o dereito e a obriga de relacionarse electrónicamente co Concello.
Artigo 3: Modificación do artigo 10 relativo a declaración de bens e actividades 1. Os Concelleiros formularán declaración sobre causas de posible incompatibilidade e sobre calquera actividade que lles proporcione ou poida proporcionar ingresos económicos. Formularán así mesmo declaración dos seus

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/08/2018

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date18/08/2018

Page count9

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones