Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/08/2018

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

6

Núm. 182 xoves, 9 de agosto de 2018

BOP de Lugo
O prego de condicións atopase a disposición dos interesados nas oficinas de rexistro do Concello de Portomarin asi como no Perfil do contratante da paxina web do concello www.concellodeportomarin.es.
Portomarin trece de xullo de dous mil dezaoito.- O ALCALDE, Juan Carlos Serrano López R. 2208

RIBADEO
Anuncio Formada e rendida a Conta Xeral desta Corporación correspondente ao exercicio orzamentario de 2017 co contido a que se refire o artigo 209 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e as regras 44 e seguintes da Orde HAP/1781/2013, de 20 de setembro, pola que se aproba a Instrución do modelo normal de contabilidade local, e informada pola Comisión Especial de Contas en sesión de data 24/07/2018, exponse ao público, cos documentos que a xustifican, na Intervención desta Entidade, por período de quince días hábiles, contados a partires do seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia.
Durante dito prazo e oito días máis os interesados lexítimos poderán examinala e formular por escrito os reparos, reclamacións ou observacións que estimen pertinentes, o que se fai público para xeral coñecemento de conformidade co establecido nos artigos 116 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e artigo 212.3 da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobada polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.
En Ribadeo, a 26 de xullo de 2018.- O ALCALDE, FERNANDO SUÁREZ BARCIA
R. 2158

RIBAS DE SIL
Anuncio Aprobados por Decreto da Alcaldía de data 11/07/2018 os padróns da taxa polo Servizo de recollida de lixo rural do 2º Trimestre de 2018, do SAF do mes de xuño de 2018, por medio do presente expóñense ao público por prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte ó da súa inserción no BOP ao obxecto de que poidan ser examinados e presentar as reclamacións que estimen pertinentes, considerándose definitivamente aprobados se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación contra os mesmos.
Contra o acordo de aprobación dos devanditos padróns poderá interpoñerse recurso de reposición ante o propio alcalde polo prazo de un mes, contado dende o día inmediato seguinte ó de finalización do período de exposición ó público. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e prazos que a tal efecto se establecen na Lei reguladora da referida xurisdición.
O mesmo tempo establecese un período de cobranza en fase de ingreso voluntario de dous meses. Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria; procedéndose a súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, a través do Servizo de Recadación da Deputación de Lugo de acordo co establecido no artigo 161 da devandita Lei.
A presente publicación, no suposto de exposición ó público dos padróns e anuncio de cobranza, ten o carácter de notificación colectiva ó amparo do establecido no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria.
Ribas de Sil, 26 de xullo de 2018.- O alcalde, Miguel Angel Sotuela Vega R. 2159

RIBEIRA DE PIQUÍN
Anuncio ELECCIÓN DE XUÍZ DE PAZ SUBSTITUTO DO XULGADO DE PAZ DE RIBEIRA DE PIQUÍN
O abeiro do disposto no artigo 101 da Lei Orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do Poder Xudicial e no Regulamento 3/1995, do 7 de xuño, dos xuíces de paz, neste concello iniciouse expediente para á elección de Xuíz de Paz Substituto do Xulgado de Paz de Ribeira de Piquín.
A tal fin, faise a presente convocatoria pública segundo o seguinte detalle:
OBXETO: Elección de Xuíz de Paz Substituto do Xulgado de Paz de Ribeira de Piquín Lugo.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/08/2018

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date09/08/2018

Page count9

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones