Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/08/2018

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

5

Núm. 177 venres, 3 de agosto de 2018

IMPORTE MÍNIMO

BOP de Lugo
IMPORTE MÁXIMO

400 €

7.000 €

Tendo en conta o orzamento previsto da actuación e o importe mínimo e máximo determinado por estas bases para cada unha das bolsas, o número máximo de BOLSAS a conceder será de vinte e cinco 25, de acordo co criterio de puntuación total de maior a menor-, acadada por cada solicitante en base aos criterios de valoración do punto NOVENO da presente convocatoria.
Para a asignación da correspondente bolsa e dado que o número máximo de BOLSAS a conceder será de 25, o procedemento a seguir será o seguinte:

Unha vez valoradas todas as solicitudes, o valor do punto en euros será o resultado de dividir o total do crédito orzamentario establecido para esta convocatoria 45.000,00 € entre a suma total dos puntos acadados pola totalidade das solicitudes admitidas de todos/as deportistas solicitantes, de acordo cos criterios establecidos na presente convocatoria.

En consecuencia, o importe da BOLSA a conceder, no seu caso, derivará do resultado de multiplicar o valor en euros do punto, polos puntos totais conseguidos por cada solicitante, de acordo co baremo establecido.
Do total anterior, -vinte e cinco 25 bolsas -, resérvase expresamente unha porcentaxe mínima do 7% para bolsas para deportistas con capacidades diferentes. En consecuencia, establécese expresamente en dúas 2 o número de bolsas asignadas ao colectivo de deportistas individuais piloto/a con capacidades diferentes, de acordo cos criterios establecidos, e por orde de puntuación acadada de maior a menor, que de non seren cubertas, pasarían a asignarse entre o resto de solicitantes de acordo cos criterios establecidos nesta convocatoria.
A consideración das anteriores circunstancias deportivas debera acreditarse mediante certificación federativa da respectiva federación de deporte adaptado ou de persoas de capacidades diferentes.
QUINTO.- CONTÍA E CRÉDITO ORZAMENTARIO
A dotación orzamentaria total da presente convocatoria é de 45.000,00 € corenta e cinco mil euros.
As presentes bolsas convócanse con cargo á aplicación orzamentaria 3410.481, segundo se recolle no Plan Estratéxico de Subvencións 2017-2019 dentro da liña 4.2 Deportes, da Área de Innovación, Participación Cidadá, Mocidade e Deporte.
SEXTO.- DOCUMENTACIÓN, FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES.
As solicitudes, presentaranse conforme ao modelo oficial, que figura no Anexo I, no Rexistro Xeral da Deputación e de acordo co disposto na Lei 39/2015 de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Prazo para a presentación de solicitudes: 10 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP de Lugo. Cada deportista só poderá presentar una única solicitude Anexo I e optar a unha única bolsa.
As solicitudes Anexo I virán acompañadas da seguinte documentación:
A.
Fotocopia do DNI do interesado/a no caso de menor de idade deberán achegar tamén a fotocopia do DNI do titor/a que asine e acompañe as autorizacións.
B.
Certificado orixinal de empadroamento do/da solicitante no concello da provincia de correspondente.

Lugo
C.
Certificados de estaren ao corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias Axencia Tributaria Estatal, Facenda autonómica e Servizo de Recadación Provincial e fronte á Seguridade Social. Non entanto, a Deputación poderá solicitar estes certificados, se así o considera, aos organismos correspondentes. Para estes efectos os beneficiarios acompañarán autorización para que a Deputación poida solicitar estas certificacións fronte aos citados organismos, segundo o modelo normalizado.Anexo III
D.
Declaración xurada de non ter recibido outra axuda da Deputación de Lugo para a mesma finalidade.
Anexo II.
E.
Declaración xurada de non estar incurso en prohibición para obter a condición de beneficiario da subvención conforme ao disposto no art. 13 da Lei xeral de subvencións. Anexo II.
F.
No caso de ser beneficiario/a de subvencións anteriores, declaración xurada que acredite o cumprimento das obrigas inherentes ás mesmas Anexo II.
G.
Documento bancario acreditativo da titularidade da conta bancaria, no que necesariamente figurará o solicitante.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/08/2018

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date03/08/2018

Page count30

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones