Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/08/2018

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 175 mércores, 1 de agosto de 2018

BOP de Lugo
3. REQUISITOS DOS ASPIRANTES.
a Xerais:
Ademais dos requisitos xerais expostos na base sete das Bases xerais que rexen esta convocatoria de proceso selectivo, as persoas aspirantes deberán estar en posesión dalgunha das titulacións para o persoal de apoio das escolas infantís, conforme ao que se recolle no Regulamento de Organización e Funcionamento do Punto de Atención á Infancia do Concello de O Incio:
- Calquera das titulacións habilitantes para o persoal de atención educativa.
- Técnico/a en atención sociosanitaria. titulación substituída polo de Técnico/a en Atención a persoas en situación de dependencia, regulada no Real Decreto 1593/2011, de 4 de novembroBOE nº 301, de 15/12/2011
- Técnico/a superior en animación sociocultural e turística engadido derivado do RD 1684/2011.
-Técnico/a en coidados auxiliares de enfermería equivalente a Auxiliar de Clínica.
- Diplomado/a en puericultura, recoñecido pola Consellería de Sanidade.
b Específicos:
- Ter coñecemento do idioma galego que se acreditará co certificado do curso de perfeccionamento, Celga 4 ou equivalente.
No caso de non ter documentación acreditativa esixida, deberase superar unha proba de coñecemento de lingua galega, nos termos que se recollen na Base 5 destas bases específicas.
4. SISTEMA DE SELECCIÓN: CONCURSO - OPOSICIÓN.
4.1. FASE DE OPOSICIÓN
As probas a realizar na fase de oposición serán as seguintes:
4.1.1. PROBA TEÓRICA DE COÑECEMENTOS XERAIS E ESPECÍFICOS.
Esta proba terá carácter teórico e a súa finalidade é que as persoas aspirantes poidan amosar os seus coñecementos sobre as materias comúns e as materias específica contidas no programa base específica 6.
A proba poderá consistir, segundo determine o Tribunal, en:
Primeira opción:
A Exame tipo test sobre os temas incluídos no apartado de materias común do programa.
B Exposición por escrito dun tema, ou dunha parte deste, das materias específicas do programa, determinado por sorteo diante das persoas participantes.
Segunda opción:
Nun exame tipo test que abranga á totalidade do programa materias comúns e específicas.
O Tribunal determinará:

O número de preguntas do exame tipo test.
O tempo para a realización da proba.
Os criterios de corrección, podendo penalizar no exame tipo test as respostas erróneas ou establecer outros criterios obxectivos de corrección.

A lectura pública polos aspirantes dos seus exercicios escritos sobre o tema específico, así como a realización de preguntas ou aclaracións necesarias que versarán sobre a materia obxecto da proba.
Esta proba é obrigatoria e eliminatoria.
Cualificarase ata un máximo de 20 puntos, sendo a puntuación mínima para superala 10 puntos.
4.1.2. PROBA PRÁCTICA.
Esta proba consistirá nun suposto de carácter práctico sobre as funcións que se sinalan na base específica 2.
O Tribunal determinará:

O contido do suposto práctico podendo incluír probas materiais ou simulacros, contestación a preguntas de forma oral, contestación de probas tipo test, determinación de itinerarios a seguir fases, trámites, solucións a problemas,

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/08/2018

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date01/08/2018

Page count19

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones