Inicio » Diarios y Boletines Oficiales » Lugo » Boletín Oficial de la Provincia de Lugo » 17/10/2018
Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/10/2018
Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.
Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo
12
Núm. 238 mércores, 17 de outubro de 2018
BOP de Lugo
Non se admitirán xustificantes que non teñan relación clara e directa cos gastos derivados das actividades que se subvencionan nin cos criterios polos cales se avaliaron nin que a súa data sexa de exercicio diferente ao da concesión.
C. Declaración xurada do presidente do club onde conste que o total da subvención outorgada polo Concello sumada ás subvencións obtidas doutras administracións públicas non superou o importe total dos gastos. En caso de que fose superior, diminuirase a achega municipal.
D. O importe xustificado deberá ser pola totalidade da subvención concedida. A falta de xustificación dentro do prazo establecido dará lugar á perda da subvención, se aínda non estivese pagada, e ao reintegro do cobrado, se fose o caso, de cantidades adiantadas.
Se unha vez requirido o reintegro das cantidades indebidamente percibidas polo club, este non se produce dentro dos prazos establecidos, procederase pola vía executiva cos xuros de constrinximento que correspondan.
Para todo o non previsto nestas bases estarase á normativa xeral:
Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e o seu Regulamento, aprobado polo RD 887/2006, de 21 de xullo.
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do Réxime Local.
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Quiroga, 8 de outubro de 2018.- O Alcalde, Julio Álvarez Núñez.
R. 2843
Modificación orzamentaria.
O Pleno do Concello, na sesión de carácter ordinario, celebrada o día 5 de outubro de 2018 aprobou inicialmente o expediente de modificación orzamentaria 2/2018, mediante transferencia de Crédito.
Polo tanto, exponse ao público nas oficinas de Intervención deste Concello durante o prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da presente publicación.
Durante este prazo, os interesados poderán examinar o expediente e presentar as reclamacións que teñan por convenientes ante o Pleno da Corporación. De non presentarse reclamacións en prazo, a modificación considerarase definitivamente aprobada, entrando en vigor unha vez publicado o resumo por capítulos resultante; isto de conformidade co establecido nos artigos 169 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, así como nos artigos 20 e 38.2 do Real Decreto 500/90, de 20 de abril.
En Quiroga, a 8 de outubro de 2018.- O Alcalde, Julio Álvarez Núñez.
R. 2844
VIVEIRO
Anuncio Aprobación dos padróns fiscais de Auga e canon de Saneamento, rede de sumidoiros e Taxa de Recollida de Lixo 3º trimestre do exercicio 2018 e anuncios de cobranza.
Con data de 01 de outubro de 2018 por resolución da Alcaldía procédese á aprobación dos seguintes padróns fiscais :
Tributo
Exercicio
Importe
Auga potable
3º Trimestre de 2018
182.855,94 €
Conservación de contadores
3º Trimestre de 2018
5.590,26 €
Rede de sumidoiros
3º Trimestre de 2018
36.086,03 €
Depuración de augas residuáis
3º Trimestre de 2018
106.396,80 €
Recollida de lixos
3º Trimestre de 2018
303.408,34 €
Canon auga Xunta
3º Trimestre de 2018
102.760,36 €
Anuncio publicado en: Num BOP 238 año 2018 17/10/2018
16/10/2018 08:00:00
10:31:06
Anuncio