Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/10/2018

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 16 DE OUTUBRO DE 2018

N.º 237

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. AUGAS DE GALICIA.
SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA
O Concello de Muras solicita de Augas de Galicia a autorización de obras en zona de policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.61964.

O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte 20 días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Muras ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
Lugo, 25 de setembro de 2018.- PA A xefa de Sección do D.P.H., Beatriz Cobelas Martínez.
R. 2817

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución do 1 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, pola que se anuncia convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados polo proxecto do parque eólico Carracedo. Expediente LU-11/126-EOL.
Por resolución do 21 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, faise público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia de 17 de marzo de 2016, polo que se autorizan as instalacións, se aproba o proxecto de execución e se declara a utilidade pública, en concreto, do parque eólico de Carracedo emprazado nos concellos de Pastoriza e Mondoñedo promovido pola sociedade Norvento SL,. e por Resolución do 24 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, faise público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de setembro de 2018, polo que se declara a utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia sobre diversos aproveitamentos forestais, da modificación do parque eólico Carracedo Esta declaración de utilidade pública, de conformidade co disposto no artigo 56 da Lei 24/2013, de 26 de decembro do sector eléctrico, leva implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954 de expropiación forzosa.
Por razón do exposto, esta Xefatura Territorial, en cumprimento do disposto no devandito artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolveu convocar aos titulares de bens e dereitos afectados, cos que non se chegou a un acordo e que se relacionan no anexo, para que comparezan o vindeiro 5 de novembro no Concello de Pastoriza como punto de reunión para, levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación.
Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podendo acompañarse dos seus peritos e un notario, se o estiman oportuno, con gastos á súa costa.

Anuncio publicado en: Num BOP 237 año 2018 16/10/2018
15/10/2018 08:00:00
14:59:19
15:29:04

As obras solicitadas consisten no acondicionamento de dous camiños no concello de Muras Lugo; o primeiro na zona de policía do río Landro e dun rego innominado da súa bacía, no lugar da Igrexa, na parroquia de Silán e o segundo na zona de policía do rego da Xestosa e de varios regos innominados, no lugar do Couce, na parroquia de Irixoa.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/10/2018

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha16/10/2018

Nro. de páginas26

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Octubre 2018>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031