Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/10/2018

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

25

Núm. 237 martes, 16 de outubro de 2018

BOP de Lugo
A dotación orzamentaria é de sete mil douscentos 7.200,00€ euros.
O gasto derivado das subvencións outorgadas por actuacións recollidas neste apartado imputarase á partida 231.480 do Orzamento Xeral do Concello de Xermade para o ano 2018.
No caso de que quedaren sen atender subvencións por nenos/as nacidos/as no exercicio anterior por falta de crédito orzamentario, atenderase prioritariamente ás mesmas sempre que cumpran os mesmos requisitos referidos ó exercicio anterior. Atenderase á subvención por orde de data de nacemento.
Os/As nenos/as nacidos en decembro de 2018 terán prioridade no outorgamento de subvencións no vindeiro exercicio.
3.-BENEFICIARIOS
Poderán ser beneficiarios das subvencións previstas nas presentes Bases os proxenitores de fillos/as nados/as do 1 de xaneiro ao 30 de novembro do ano 2018 sempre que conste acreditado o empadroamento dun destes no Concello dende o 1 de xaneiro de 2018 coa salvidade da base anterior, debendo o/a nacido/a permanecer inscrito/a no padrón polo prazo mínimo de dous 2 anos, dando lugar en caso contrario ó reintegro da subvención. Asemade deberán acreditar:
Non ter pendente de xustificar ningunha subvención concedida polo Concello de Xermade, salvo que se lle concedese excepcionalmente prórroga ou ben tivese desistido de forma motivada e por escrito.
Estar ó corrente das obrigas tributarias co Concello de Xermade, coa administración Estatal, autonómica e a Seguridade Social Non estar incursas en ningunha causa de incompatibilidade ou prohibición das mencionadas no artigo 13 da Lei 38/2003, e concordantes da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia.
4.- PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE

4.2.- Lugar: Rexistro Xeral do Concello de Xermade de 9:00h a 14:00h ou calquera dos rexistros previstos no art.
16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
4.3.- Documentación que se deberá xuntar:
1. Solicitude, segundo modelos normalizados que se facilitará polo Concello, asinada polos proxenitores do menor, ou por quen teña conferida a tutela, e acompañada de fotocopia do DNI e do libro de familia. O
empadroamento dos pais verificarase de oficio polo concello.
2. Certificado de empadroamento por nacemento do/a neno/a.
3. Certificación dos datos bancarios dos solicitantes.
4. Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das causas que determina o artigo 13.2 da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións, autorizando expresamente ó Concello para a comprobación da situación do solicitante respecto das obrigas tributarias e coa seguridade social.
No caso de que fosen apreciados defectos de forma ou documentación incompleta, requirirase a corrección ou rectificación no prazo de dez días hábiles, arquivándose o expediente sen mais trámites de non efectuarse a mesma.
5.- CRITERIOS DE OUTORGAMENTO
Outorgaranse as axudas por orde de data de nacemento ata esgotar o crédito previsto na partida correspondente.
No caso de incumprir os criterios de concesión das axudas, as cantidades a reintegrar terán a consideración de créditos de dereito público, resultando de aplicación para a súa cobranza o previsto no Regulamento Xeral de Recadación.
6.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS
6.1.- O órgano instrutor será a traballadora social do Concello de Xermade ou o/a funcionario/ que o substitúa, en caso de ausencia.
6.2.- A Comisión de Valoración de Subvencións procederá a informar proposta de concesión de subvencións formulada pola instrutora, segundo os criterios previstos nas presentes bases. A proposta deberá conter a relación de solicitantes para os que se propón a subvención, a súa contía e os criterios de valoración que dean lugar á proposta.
A Comisión de Valoración de Subvencións terá a seguinte composición:
Presidente: o alcalde ou persoa en quen delegue.
Vogais: a concelleira delegada de servizos sociais e a educadora familiar.

Anuncio publicado en: Num BOP 237 año 2018 16/10/2018
15/10/2018 08:00:00
14:59:19
15:29:04

4.1.- Prazo: As solicitudes deberán presentarse a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio de exposición das Bases no Boletín Oficial da Provincia, ata o 30 de novembro de 2018.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/10/2018

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha16/10/2018

Nro. de páginas26

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Octubre 2018>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031