Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/03/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

6

Núm. 063 sábado, 16 de marzo de 2019

BOP de Lugo
I. Declaración xurada da condición ou non de deportista profesional. Anexo IV.
K Autorización, de ser o caso, para recibir a través de correo electrónico comunicación relativas á convocatoria segundo o modelo Anexo V.
- DOCUMENTACIÓN DE CARÁCTER DEPORTIVO PARA A VALORACIÓN DA SOLICITUDE:
Certificación oficial da respectiva federación que acredite:
a A posesión da correspondente licenza federativa oficial do piloto/a durante a anualidade 2018 e no momento da solicitude da bolsa ano 2019.
b De acordo co establecido na presente convocatoria, acreditación na certificación federativa de que durante a tempada 2018, e dentro das modalidades e grupos indicados no punto TERCEIRO da presente convocatoria:
1.- A participación, como mínimo, en unha 1 das seguintes probas oficiais federadas:
- Rallye San Froilán - Rallye da Ulloa - Subida a Chantada - Subida á Pontenova 2.- Ou ben, de non cumprir o requisito anterior, a participación, como mínimo, en dúas 2 probas de carácter oficial e federado.
c Resultados deportivos e datos deportivos detallados de:
- Palmarés
- participacións e resultados en probas federadas, indicando en cada caso, o rally, a clasificación, o grupo, e calquera outro relativo aos méritos deportivos a valorar de acordo co reflectido no punto NOVENO desta convocatoria.
- outros elementos de valoración establecidos nesta convocatoria, etc, relativos ao/á deportista individual piloto/a; copiloto/a; solicitante.
O período de valoración de resultados será o comprendido desde o 1 de xaneiro de 2018 e o 31 de decembro de 2018, de acordo cos criterios, probas e elementos de valoración establecidos expresamente no punto NOVENO
desta convocatoria. O mencionado certificado debera estar asinado pola respectiva federación como acreditación de que os méritos deportivos alegados son certos. Non se considerará valido ningún certificado cuberto á man ou con indicacións e/ou modificacións realizadas á man.
d Acreditación documental da pertenza a unha escudaría da provincia de Lugo, mediante declaración responsable da respectiva escudaría.
Os anexos que figuran na documentación requirida estarán a disposición das persoas solicitantes na Área de Innovación, Participación Cidadá, Mocidade e Deportes da Deputación de Lugo, así como na páxina web da Excma. Deputación Provincial de Lugo, www.deputacionlugo.org A presentación das solicitudes supón a aceptación incondicional das presentes bases e das condicións, requisitos e obrigas contidas nelas.
A concorrencia ao proceso de concesión das bolsas implicará a manifestación tácita do consentimento inequívoco ao tratamento de datos de carácter persoal e a súa publicación de acordo co previsto no Regulamento UE 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE.
A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais será estritamente a xestión de tramitación do expediente correspondente.
SÉTIMO.- PROCEDEMENTO
Unha vez presentada a solicitude, os servizos técnicos da Área de Innovación, Participación Cidadá, Mocidade e Deportes da Deputación de Lugo, revisarán a documentación achegada. No caso de estar incompleta ou conter erros, requirirase aos/ás solicitantes para que no prazo de dez días hábiles, acheguen os documentos preceptivos ou remedien a falta, con indicación de que se transcorrido o prazo non o fixeran, se terá por desistido da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común e das administracións públicas.
A non presentación da documentación precisa ou a omisión de datos de xeito total ou parcial terá como consecuencia a non valoración dos méritos dentro dos criterios establecidos que non estean suficientemente xustificados.

Anuncio publicado en: Num BOP 63 año 2019 15/03/2019 13:32:29
16/03/2019 08:00:00

- rankings oficiais

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/03/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date16/03/2019

Page count23

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Marzo 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31