Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/03/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

5

Núm. 063 sábado, 16 de marzo de 2019

IMPORTE MÍNIMO

BOP de Lugo
IMPORTE MÁXIMO

300 €

5.000 €

Tendo en conta o orzamento previsto da actuación e o importe mínimo e máximo determinado por estas bases para cada unha das bolsas, o número máximo de BOLSAS a conceder será de vinte e cinco 25, de acordo co criterio de puntuación total de maior a menor-, acadada por cada solicitante en base aos criterios de valoración do punto NOVENO da presente convocatoria.
Para a asignación da correspondente bolsa e dado que o número máximo de BOLSAS a conceder será de 25, o procedemento a seguir será o seguinte:

Unha vez valoradas todas as solicitudes, o valor do punto en euros será o resultado de dividir o total do
crédito orzamentario establecido para esta convocatoria 45.000,00 € entre a suma total dos puntos acadados pola totalidade das solicitudes admitidas de todos/as deportistas solicitantes, de acordo cos criterios establecidos na presente convocatoria.

En consecuencia, o importe da BOLSA a conceder, no seu caso, derivará do resultado de multiplicar o valor en euros do punto, polos puntos totais conseguidos por cada solicitante, de acordo co baremo establecido.

Do total anterior, -vinte e cinco 25 bolsas -, resérvase expresamente unha porcentaxe mínima do 7% para bolsas para deportistas con capacidades diferentes. En consecuencia, establécese expresamente en dúas 2 o número de bolsas asignadas ao colectivo de deportistas individuais piloto/a con capacidades diferentes, de acordo cos criterios establecidos, e por orde de puntuación acadada de maior a menor, que de non seren cubertas, pasarían a asignarse entre o resto de solicitantes de acordo cos criterios establecidos nesta convocatoria.
A consideración das anteriores circunstancias deportivas debera acreditarse mediante certificación federativa da respectiva federación de deporte adaptado ou de persoas de capacidades diferentes.

A dotación orzamentaria total da presente convocatoria é de 45.000,00 € corenta e cinco mil euros.
As presentes bolsas convócanse con cargo á aplicación orzamentaria 3410.481, segundo se recolle no Plan Estratéxico de Subvencións 2018-2019 dentro da liña 4.2 Deportes, da Área de Innovación, Participación Cidadá, Mocidade e Deporte.
SEXTO.- DOCUMENTACIÓN, FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES.
As solicitudes, presentaranse conforme ao modelo oficial, que figura no Anexo I, no Rexistro Xeral da Deputación e nos demais medios previstos na Lei 39/2015 de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Prazo para a presentación de solicitudes: 10 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP de Lugo. Cada deportista só poderá presentar una única solicitude Anexo I e optar a unha única bolsa.
As solicitudes Anexo I virán acompañadas da seguinte documentación:
A. Fotocopia do DNI do interesado/a no caso de menor de idade deberán achegar tamén a fotocopia do DNI do titor/a que asine e acompañe as autorizacións.
B. Certificado orixinal de empadroamento do/da solicitante no concello da provincia de Lugo correspondente.
C. Certificados de estaren ao corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias Axencia Tributaria Estatal, Facenda autonómica e Servizo de Recadación Provincial e fronte á Seguridade Social. Non entanto, a Deputación poderá solicitar estes certificados, se así o considera, aos organismos correspondentes. Para estes efectos os beneficiarios acompañarán autorización para que a Deputación poida solicitar estas certificacións fronte aos citados organismos, segundo o modelo normalizado.Anexo III
D. Declaración xurada de non ter recibido outra axuda da Deputación de Lugo para a mesma finalidade. Anexo II.
E. Declaración xurada de non estar incurso en prohibición para obter a condición de beneficiario da subvención conforme ao disposto no art. 13 da Lei xeral de subvencións. Anexo II.
F. No caso de ser beneficiario/a de subvencións anteriores, declaración xurada que acredite o cumprimento das obrigas inherentes ás mesmas Anexo II.
G. Documento bancario acreditativo da titularidade da conta bancaria, no que necesariamente figurará o solicitante.
H. Cubrir e achegar asinado solicitante e pai/nai ou titor/a no caso de ser menor o Modelo 145 referido ao IRPF. Retencións sobre rendementos de traballo. Axencia Tributaria Estatal.

Anuncio publicado en: Num BOP 63 año 2019 15/03/2019 13:32:29
16/03/2019 08:00:00

QUINTO.- CONTÍA E CRÉDITO ORZAMENTARIO

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/03/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date16/03/2019

Page count23

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Marzo 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31