Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/10/2018

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 240 venres, 19 de outubro de 2018

BOP de Lugo
- Acordos ou actas da entidade acreditativas do funcionamento das vogalías ou departamentos específicos de muller.
- Calquera outro documento que se considere de interese para acadar unha mellor avaliación da solicitude.
b Asociacións non inscritas no Rexistro municipal de asociacións ou outras entidades públicas.
Deberán achegar a maiores da documentación sinalada anteriormente a seguinte documentación:
- Copia dos estatutos da entidade co selo do rexistro público correspondente.
- Se a entidade é unha fundación, deberá achegar acreditación de estar inscrita no Rexistro de fundacións da Xunta de Galicia ou estatal ou en ambos os dous.
- Se a entidade é de índole relixiosa, deberá achegar acreditación de estar inscrita no Rexistro de entidades relixiosas da Dirección Xeral de Cooperación Xurídica Internacional e Relacións coas Confesións ou en calquera outro rexistro público que a acredite como tal.
- Fotocopia do CIF da asociación ou entidade solicitante.
O Concello poderá solicitar, se así o estima oportuno para a resolución do procedemento, calquera outro documento que estime conveniente.
Artigo 6. Procedemento de tramitación e resolución das subvencións. Prazo de resolución O procedemento para a concesión das subvencións previstas nestas bases axustarase ao establecido nos artigos 26, 27, 28 e 29 da Ordenanza municipal de subvencións; nos artigos 20, 21, 22, 23 e 24 da Lei 9/2007, do 13
de xuño, de subvencións de Galicia, concordantes cos artigos 23,24,25 e 26 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións coas seguintes precisións:
As solicitudes de subvencións que se formulen de acordo con estas bases, unha vez anotadas no Rexistro xeral de entrada, seranlles remitidas a Servizos Sociais para a súa tramitación e resolución.

Composición:
PRESIDENTE/A:
Un/ha técnico/a adscrita ao servizo de Benestar social Igualdade e Inclusión ou persoal que o substitúa.
VOGAIS:
Un/Unha técnico/a do servizo de servizos sociais ou persoal que o substitúa.
Titular do órgano de apoio a Xunta de Goberno Local Vicesecretaria ou persoa que o substitúa.
Un/ha técnico/a do Servizo de Intervención ou persoal que o substitúa.
SECRETARIA: Un/unha funcionario/a municipal que actuará, con voz e sen voto e que levantará acta da xuntanza da comisión avaliadora.
Son funcións desta Comisión Avaliadora emitir o ditame no que concrete o resultado da avaliación efectuada á vista dos expedientes e en aplicación dos criterios de valoración establecidos no artigo 8 destas Bases - Órgano instrutor: Será un técnico/a do Servizo Municipal de Servizos Sociais.
Son funcións do órgano instructor:
- Requirirlle á entidade solicitante naqueles supostos nos que a documentación presentada resulte incompleta e/ou defectuosa para que no prazo de dez días hábiles emende as deficiencias observadas, de conformidade e cos efectos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, considerándose desistida do seu dereito se transcorrido o prazo non atende ao requirido.
- Requirir os informes precisos e efectuar as comprobacións que estime oportunas a fin de verificar os datos achegados para una mellor valoración das solicitudes.
- Realizar a preavaliación das solicitudes verificando o cumprimento das condicións impostas para adquirir a condición de beneficiaria/o e efectuar a avaliación conforme aos criterios, formas e prioridades dispostos na convocatoria, elevando o correspondente informe á comisión de valoración de cada un dos expedientes.
- Formular proposta de resolución , á vista do ditame da Comisión Avaliadora, e elevala ó organo competente para resolver.
No referente ao órgano competente para a tramitación e resolución deste expediente, subvencións en réxime de concorrencia competitiva, a Xunta de Goberno Local resérvase, segundo acordo 4/455 de data sete de xullo de dous mil quince, o exercicio das atribucións referentes á concesión de subvencións disposición do gasto nos expedientes de subvencións tramitados en réxime de concorrencia competitiva.

Anuncio publicado en: Num BOP 240 año 2018 19/10/2018
18/10/2018 08:00:00
11:55:07

- Comisión de avaliadora.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/10/2018

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date19/10/2018

Page count54

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Octubre 2018>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031