Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/10/2018

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 240 venres, 19 de outubro de 2018

BOP de Lugo
declaración responsable incluída no Anexo IV destas bases, e no momento da xustificación da axuda deberá acreditarse mediante a presentación das certificacións ás que se refire o parágrafo f do artigo 10 destas bases.
d Non estar incursas nos supostos previstos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como nos 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
e Ter xustificados debidamente os gastos correspondentes a subvencións concedidas con anterioridade polo Concello de Lugo.
f Desenvolver actividades e/ou programas que beneficien a persoas e/ou colectivos en situación de desvantaxe:
xoves menores de 25 años demandantes do primeiro emprego e que abandonaran prematuramente a formación regrada ou que presenten fracaso escolar; persoas paradas de longa duración, familia, infancia, persoas maiores, discapacitadas físicas, psíquicas e sensoriais, reclusas e/ou exreclusas; marxinadas sen fogar e transeúntes, toxicómanas alcohólicas e drogodependentes, refuxiadas e asiladas, inmigrantes, enfermas psiquiátricas non institucionalizadas, enfermas terminais, etc., e minorías étnicas. Asi como actividades e/ou programas que complementen a programación de animación sociocultural realizada dende o Concello de Lugo.
g Non percibir, durante nominativamente en 2018.

este
exercicio
económico,
subvención
municipal
algunha
das
previstas
h Non poderán solicitar subvención por un importe superior ao 95 % do custo total da acción para a que solicita subvención, segundo o orzamento presentado, xa que o 5 % restante é de obrigada asunción pola entidade e non pode ser subvencionado por parte doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou estranxeiras. A
esixencia de xustificación de gastos referente ao 5% refírese ao 5% do orzamento da actividade presentada con independencia do gasto efectivo total devengado.
i Ter presentado na Oficina de Participación Cidadá o orzamento, memoria de actividades anual e renovación dos membros da directiva.

No orzamento municipal para o exercicio de 2018 existe consignación orzamentaria para a concesión de subvencións segundo a continuación se indica:
Servizo Servizos Sociais
Partida orzamentaria 23179.48900

Importe 38.000 €

Artigo 4. Forma e prazo de presentación de solicitudes - As solicitudes de subvención, xunto coa documentación precisa, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Lugo ou ben por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
- O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días hábiles, contados ao da publicación do extracto da convocatoria no BOP, por conducto da BDNS. O seu texto íntegro publicarase no boletín oficial da provincia BOP, no Taboleiro de Edictos e na paxina web do Concello de Lugo; se ben a publicación do extracto da convocatoria no BOP, por conducto da BDNS, será a data que se terá en conta para os efectos de presentación de solicitudes.
Artigo 5. Documentación a achegar coas solicitudes de subvención As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación; agás que esta xa estivera en poder do Concello por tela presentada en anteriores convocatorias e estar plenamente actualizada. Neste caso deberán facer constar na solicitude esta circunstancia xunto coa data da súa presentación, expediente no que se atopan eses documentos e dependencia ou órgano ante o que se presentou.
a Asociacións inscritas no Rexistro municipal de asociacións - Solicitude conforme modelo do ANEXO I destas Bases.
- Fotocopia do DNI da persoa que actúa como representante, así como documento acreditativo desta representación.
- No caso de subvencións solicitadas para o desenvolvemento de proxecto, actividade ou programa, deberán presentar unha memoria explicativa, segundo o ANEXO II.
- No caso de subvencións solicitadas para financiar gastos de mantemento, conservación e pequenas reparacións de infraestruturas da asociación ou entidade, deberase xuntar unha memoria, segundo o ANEXO III
- Declaración responsable conforme modelo do ANEXO IV destas bases - Certificación bancaria na que figure o número de conta da entidade solicitante.
- Certificación da secretaría da entidade, na que conste a existencia ou departamento de muller e igualdade, se fose o caso.

Anuncio publicado en: Num BOP 240 año 2018 19/10/2018
18/10/2018 08:00:00
11:55:07

Artigo 3. Créditos orzamentarios e contía das subvencións

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/10/2018

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date19/10/2018

Page count54

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Octubre 2018>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031