Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/04/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 02 DE ABRIL DE 2019

N.º 076

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución do 7 de marzo de 2019 da Xefatura Territorial de Lugo pola que se concede autorización administrativa previa e de construción para unha instalación eléctrica no concello de Sarria. nº expte.
IN407A 2018/8671-AT
Visto o expediente para autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:
- Solicitante: Unión Fenosa Distribución S.A.
- Domicilio Social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense
- Situación: concello de Sarria - Características Técnicas:

Liña de Media Tensión soterrada a 20 KV consistente en anelar na liña SAR807 o CT proxectado entre o CT Juan Montes, 15 27CS93 e o CT Prol. Gran Vía 27CT34, cunha lonxitude de 155 metros, en conductor RHZ1-240.

CT compacto, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, cunha potencia de 250KVA e unha relación de transformación de 20.000V/400-230V.

RBT soterrada con orixe no cadro de baixa do CT proxectado e final na RBT existente e na CXP do edificio a electrificar.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, BOE núm. 310 do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real Decreto 1955/2000, do 1 de decembro BOE nº 310, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real Decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e na Resolución de 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construcción D.O.G. núm. 54 de 19 de marzo, esta xefatura territorial, tendo en conta a Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia e as competencias que resultan dos Decretos 135/2017 do 28
de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e o Decreto 9/2017, de 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e de construción a ditas instalacións, cuxas características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no seu proxecto e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independientemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da fecha da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Empleo e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito
Anuncio publicado en: Num BOP 76 año 2019 01/04/2019 09:23:00
02/04/2019 08:00:00

- Denominación: LMTS, CT e RBT R/ Fernando de Castro, nº 39

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/04/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data02/04/2019

Conteggio pagine7

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Abril 2019>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930