Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/09/2018

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 215 martes, 18 de setembro de 2018

BOP de Lugo
O tempo para a realización da proba.
Os criterios de corrección, podendo penalizar no exame tipo test as respostas erróneas ou establecer outros criterios obxectivos de corrección.
A lectura pública polos aspirantes dos seus exercicios escritos sobre o tema específico, así como a realización de preguntas ou aclaracións necesarias que versarán sobre a materia obxecto da proba.
Esta proba é obrigatoria e eliminatoria.
Cualificarase ata un máximo de 20 puntos, sendo a puntuación mínima para superala 10 puntos.
5.2. FASE DE CONCURSO. BAREMO DE MÉRITOS puntuación máxima 12 puntos.
Criterios xerais para todos os apartados do baremo:
Só se valorarán os méritos que a xuízo do Tribunal estean debidamente acreditados.
Non se valorarán os méritos acreditados que non estean relacionados, a xuízo do Tribunal, coas funcións do emprego convocado.
5.2.1 Experiencia profesional puntuación máxima de 7 puntos.
Criterios xerais:
O cómputo dos días de experiencia profesional realizarase conforme aos días acreditados no informe de vida laboral.
A experiencia nas Administracións Públicas e/ou nas Entidades do Sector Público puntuarase se a relación de servizos é funcionarial, laboral ou, se é o caso, autónoma.

A puntuación da experiencia profesional en entidades privadas realizarase en atención a denominación dos servizos prestados que figuren no contrato de traballo ou na nómina.
Criterios de puntuación:
a Experiencia profesional nas Administracións Públicas e/ou nas Entidades do Sector Público.
Desempeño nas mesmas prazas/postos/empregos que se convoca: Valorarase a razón de 0,18 puntos por cada 30 días de traballo.
Desempeño da prazas/postos/empregos con funcións similares: Valorarase a razón de 0,10 puntos por cada 30
días de traballo.
b Experiencia profesional en Entidades Privadas.
Desempeño dos mesmos postos/empregos: Valorarase a razón de 0,12 puntos por cada 30 días de traballo.
Desempeño de postos/empregos similares: Valorarase a razón de 0,07 puntos por cada 30 días de traballo.
5.2.2. Formación académica puntuación máxima de 1 punto.
Criterios xerais:
Non se puntuarán as titulacións académicas requiridas no proceso selectivo que se convoca.
Criterios de puntuación:
a
Por titulación do mesmo nivel á requirida: 0,25 puntos.

b
Por titulación de nivel superior á requirida: 0,50 puntos.

c
Por titulación moi relevante para o desempeño das funcións do posto: 1 punto.

5.2.3. Formación Complementaria puntuación máxima 4 puntos.
Criterios xerais:
So se valorarán os cursos convocados, impartidos ou homologados pola Administración Pública.
Non se puntuarán as asignaturas ou materias que formen parte dunha titulación académica, nin de masters propios.
Os cursos de informática valoraranse sempre que o Tribunal considere que son necesarios para realizar as tarefas do emprego.
Non se puntuarán as accións formativas que non acreditan as horas de duración.

Anuncio publicado en: Num BOP 215 año 2018 18/09/2018 08:00:00

No suposto de ser autónomo a puntuación realizarase segundo o tempo certificado polas Administracións Públicas ou polas Entidades do Sector Público que corresponda.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/09/2018

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data18/09/2018

Conteggio pagine19

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Septiembre 2018>>>
DLMMJVS
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30