Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/07/2021

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

16

Núm. 164 martes, 20 de xullo de 2021

BOP Lugo
TEMARIO CONVOCATORIA DE PRAZA DE TRABALLADOR/A SOCIAL INTERINA
1.- A Constitución española de 1978, dereitos e deberes dos españois.
2.- O Municipio,organización e competencias.
3.- O procedemento administrativo: Prazos, fases, revisións, reclamacións, recursos e responsabilidades das administracións públicas.
4.-A protección de datos 5.- Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia: Principios xerais.
6.-Os servizos sociais comunitarios en Galicia e o seu financiamento.
7.- Competencias das entidades locais en materia de servizos sociais. Constitución española. Lei reguladora de bases do réxime local e marco competencial autonómico de Galicia.
8.-O traballo social: concepto, funcións e niveis de intervención, fundamentos e principios.
9.- O Proceso metodolóxico no traballo social.
10.- Recursos técnicos de Traballo social Técnicas, Instrumentos, soportes documentais e informáticos 11.-Ética profesional e Código deontolóxico do traballo social.
12.-Lei 110/2013 de 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.
13.- As persoas con discapacidade: Normativa, valoración, recursos.
14.-Muller:CIM,Programas e Axudas as mulleres vítimas da violencia de xénero en Galicia.
15.- Maiores: Recursos e programas.

17.- O servizo de axuda no fogar SAF: Normativa, coordinación e funcionamento.
18.- Familia, infancia e adolescencia: papel dos servizos sociais de atención primaria. Absentismo escolar.
OITAVA.- CUALIFICACIÓN, PROPOSTA E NOMEAMENTO
Rematado o proceso de selección, o tribunal determinará as cualificacións dos aspirantes, no suposto de empate na cualificación final de dous ou máis aspirantes, este resolverase por sorteo os aspirantes empatados.
A continuación, o Tribunal fará público o resultado do proceso e elevará á Alcaldía a correspondente proposta de nomeamento que incluíra os aspirantes propostos para ser nomeado/as funcionarios/ interinos/as e os/as propostos/as para integrar o listado de substitucións do persoal seleccionado que estará constituído por aqueles aspirantes que tendo superado a puntuación mínima non obtivesen praza por orde de puntuación.
O Concello do Saviñao procederá ao nomeamento como funcionarios/as interinos/as dos/as candidatos/as que obtiveran a maior puntuación en función do número de prazas ofertadas especificadas nesta convocatoria, previa presentación da documentación acreditativa dos requisitos establecidos na base terceira.
NOVENA. INTERPRETACIÓN DAS BASES.
As presentes bases vinculan á Administración Local convocante, ó Tribunal Cualificador e os/as aspirantes que participen no proceso.
O Tribunal cualificador queda facultado durante o desenvolvemento do proceso de selección para resolver as dúbidas e incidencias que plantexen a súa aplicación, podendo adoptar resolucións, criterios e medidas con aqueles aspectos non regulados na presente convocatoria.
DÉCIMA. NORMA FINAL
A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela poderán ser impugnados polos interesados/as nos casos e na forma establecidos pola Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
Así mesmo a Administración municipal poderá, no seu caso, proceder á revisión das resolucións dos tribunais conforme co previsto na mencionada Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Anuncio publicado en: Num BOP 164 año 2021 20/07/2021
19/07/2021 08:00:00
13:57:49

16.- Dependencia: Lei 39/2006, de 14 de decembro, de promoción de autonomía persoal e atención a persoas en situación de dependencia. Procedemento para o recoñecemento, catalogo de servizos do SAAD e prestacións.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/07/2021

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date20/07/2021

Page count19

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones