Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/06/2021

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 133 luns, 14 de xuño de 2021

BOP Lugo
euros con sesenta céntimos 858,60 € a libre concorrencia e mil setecentos trinta e dous euros con setenta céntimos 1.732,70 € a dependencia.
Consonte ao disposto no artigo 102.3 da Lei xeral tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pagamento do prezo público, que dispoñen dun prazo de 15 días, contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, ao obxecto de que poidan ser examinados e presentar as reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación.
Así mesmo, e de conformidade con artigo 223.1 da Lei xeral tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición perante o Sr. AlcaldePresidente, no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao do remate do período voluntario de pagamento.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdición.
Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
ANUNCIO DE COBRANZA
Para o cobramento dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles adebedados nas contas bancarias respectivas. Para os demais contribuíntes os recibos poranse á súa disposición nas oficinas municipais para efectuar o pago.
A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao abeiro do establecido no artigo 102 da referida Lei xeral tributaria.
Ourol, 28 de maio de 2021.- O Alcalde, José Luis Pajón Camba.

RÁBADE
Anuncio Por resolución da Alcaldía-presidencia do Concello de Rábade de data 8 de xuño de 2021 prestouse aprobación ao Padrón da taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar correspondente ao mes de maio de 2021, o cal se expón ao público polo prazo de quince días contados a partir do seguinte da súa publicación ao obxecto de que poida ser examinado e presentar contra o mesmo as reclamacións que se estimen pertinentes. Así mesmo faise saber que dita publicación servirá de notificación colectiva a todos os contribuíntes nel comprendidos ao amparo da Lei Xeral Tributaria.
Rábade, 8 de xuño de 2021.- O Alcalde, Francisco Xosé Fernández Montes.
R. 1740

Anuncio Elevado a definitivo, por non seren presentadas reclamacións durante o prazo de exposición ao público, o acordo adoptado polo Concello Pleno, en sesión celebrada o día 19 de abril de 2021, no que se aprobou provisionalmente a modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola ocupación de terreos de uso público para usos hostaleiros do Concello de Rábade, en cumprimento do disposto no artigo 17 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, faise público o acordo de aprobación e o texto íntegro das Ordenanzas.
Contra o referido acordo, que é firme en vía administrativa, pode interpoñerse no prazo de dous meses a partires da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, recurso contencioso-administrativo, na forma e prazos que se establecen nas normas reguladoras de dita xurisdición.
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA OCUPACIÓN DE TERRENOS DE USO PÚBLICO PARA USOS
HOSTALEIROS
ARTIGO 1º.- FUNDAMENTO E RÉXIME XURÍDICO.
No uso das potestades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2
de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e ao abeiro do disposto no artigo 20.3. l do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aprobou o Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa por ocupación de terreos de uso público local para usos propios ou auxiliares ou anexos á actividade hostaleira con finalidade lucrativa, que se rexerá pola presente Ordenanza, redactada conforme ao disposto no artigo 16 do dito R.D.L. 2/2004.

Anuncio publicado en: Num BOP 133 año 2021 14/06/2021
11/06/2021 08:00:00
11:01:47

R. 1739

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/06/2021

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date14/06/2021

Page count22

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones