Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/12/2020

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 294 mércores, 23 de decembro de 2020

BOP Lugo
Artigo 4. Ámbito de Aplicación.
O ámbito de aplicación desta ordenanza é o termo municipal de Lugo, sen prexuízo doutra normativa sectorial que sexa de aplicación; quedando incluída calquera actividade forestal extractiva de madeira non contemplada na seguinte relación:
As cortas puntuais de exemplares de árbores illadas As podas, en xeral.
O clareo de rebrotes de cepa de menos de tres anos.
Os traballos de roza e limpeza de leiras.
A eliminación de árbores enfermas ou que provoquen unha situación de perigo para persoas e/ou bens.
Os aproveitamentos madeireiros e leñosos para uso doméstico que non sexan obxecto de comercialización.
Artigo 5. Solicitude de autorización de actividades de corta a saca de madeira 1. Para realizar traballos de corta e saca de madeira en terreos con Plantacións forestais pertencentes a este Concello, será obriga presentar no rexistro das oficinas municipais unha solicitude de autorización por escrito, con 15 días hábiles de antelación á data prevista para o inicio dos traballos, conforme o modelo contemplado no Anexo I desta ordenanza, e sen prexuízo da obtención dos permisos e/ou autorizacións que, de acordo coa normativa vixente, sexan necesarios.
2. A Solicitude de autorización deberá estar asinada polo madeireiro/a e nela constarán os seguintes datos:
Datos de identificación do/a titular da empresa madeireira e da propiedade forestal.
Persoa física: nome, apelidos, NIF, enderezo e teléfono.

Datas previstas do inicio e remate dos traballos.
Nome do titular/es das parcelas obxecto do aproveitamento.
Identificación catastral da/as leira/as ou monte/es afectado/os, lugar/es e parroquia/s.
Lugar ou lugares previstos para Depósito da madeira á espera da súa carga.
Camiños e vías a empregar nas operacións de saca e transporte da madeira.
Listado dos vehículos e maquinaria a empregar nas operacións a desenvolver, detallando a marca, modelo, matrícula, PMA e TARA de cada un.
3. Canda a solicitude, deberá aportar a seguinte documentación:
- Fotocopia da solicitude do autorización administrativa ou declaración responsable para o aproveitamento madeireiro, presentada ante -

Órgano forestal competente, de acordo coa Lei 7/2012, de 28 do xuño, de montes do Galicia.

-

Copia da transferencia bancaria ou orixinal do aval bancario en concepto de Garantía.

- Declaración de responsabilidade por parte retirar os restos de biomasa o lixo.

do madeireiro/a comprometéndose a repoñer os danos e a
- Se for o caso, copia compulsada das autorizacións sectoriais precisas organismo de conca, patrimonio cultural, estradas, etc..
- Piano indicativo da parcela e das vías a empregar nos traballos de saca de madeira así como das zonas elixidas para o depósito temporal desta.
- Reportaxe fotográfica do estado dos camiños ou vías públicas a usar. Copia da póliza de seguro de responsabilidade civil en vigor.
4. Se con posterioridade á presentación solicitude xurdisen novos aproveitamentos de leiras non incluídas na mesma, poderanse ir incorporando a solicitude inicial, sempre e cando se empreguen as mesmas vías de saca ou os mesmos lugares de acopio.
5. No caso de incumprimento da obriga de solicitude establecida neste artigo, o Concello poderá suspender os actos de corta e saca da madeira que se estean a realizar, e proceder de conformidade co establecido nos apartados 5 e 6 do artigo 6.
6. Unha vez presentada a solicitude da autorización xunto coa documentación sinalada nos apartados 2 o 3
deste artigo, esta será revisada polo persoal do Concello.

Anuncio publicado en: Num BOP 294 año 2020 23/12/2020
22/12/2020 08:00:00
09:53:09

Persoa xurídica: Razón soda, CIF, enderezo, teléfono, así como nome, apelidos e NIF da persoa representante da empresa.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/12/2020

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha23/12/2020

Nro. de páginas44

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Diciembre 2020>>>
DLMMJVS
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031