Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/02/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

5

Núm. 48 martes, 26 de febreiro de 2019

BOP de Lugo
Contratar ás e aos seus compoñentes seguindo os convenios colectivos vixentes e a de contar con todos os seguros pertinentes para a realización de espectáculos.
Contar cunha sede na provincia de Lugo que non sexa unicamente social, senón que se realice nese mesmo espazo todo o relativo á súa actividade teatral: ensaios Se a sede social non coincide co local de ensaios, este local de ensaios deberá estar obrigatoriamente en Lugo e deberase acreditar esta situación documentalmente.
Inscribirse no Programa de Teatro Profesional 2019, PROSCENIO cumprindo todos os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.
Realizaren as actuacións nos lugares e horas asignados pola Deputación de Lugo en colaboración cos concellos/asociacións solicitantes.
A de lle expediren á Deputación a/as factura/as correspondentes ás actuacións xa realizadas, e unha vez que a Unidade xestora teña no seu poder os datos da recadación se fose o casoobtida polo Concello ou Asociación beneficiaria da actuación.

Deberán poñerse en contacto coa Área de Turismo e Cultura se xurdise calquera tipo de inconvinte que non permita levar a cabo a actuación.
Deberán facer constar que a actividade a subvenciona a Área de Turismo e Cultura da Deputación de Lugo en todas as actividades de promoción do espectáculo que faga a propia compañía.
A de utilizaren o idioma galego nas representacións das actuacións.
Cada compañía profesional de teatro poderá ofertar para este Programa 2019 as obras que considere.
As compañías profesionais de teatro terán que contar co seguro de responsabilidade civil pertinente para a realización das obras de teatro, e para eses efectos deberán cubrir o modelo de declaración xurada recollido nas bases. A Deputación queda exenta de calquera responsabilidade derivada deste programa, incluídas as derivadas das situacións que se poidan producir non só durante a propia actuación, senón tamén no desprazamento previo e posterior ás representacións por parte dos grupos participantes neste programa.
As compañías profesionais de teatro deberán entregar copia das altas de todos os actores/actrices que participen nas representacións deste programa. Documento TA1 ou calquera outro documento acreditativo de tal situación e copias compulsadas dos contratos debidamente selado pola oficina de emprego . No caso de que o persoal sexa autónomo deberase presentar a factura dos servizos prestados á compañía teatral, así como o seu xustificante de pago.
As compañías deberán entregar copia do plan de autoprotección.
No caso de que a compañía profesional de teatro tivese actores/actrices menores de idade, actuarán a todos os efectos baixo a responsabilidade da propia compañía, eximíndose a Deputación de calquera responsabilidade a este respecto.

MODELOS DE SOLICITUDE PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA DE TEATRO PROFESIONAL 2019, PROSCENIO:
A

Compañías profesionais de teatro, de carácter privado:

As entidades que desexen participar nesta convocatoria deberán presentar a súa solicitude no modelo normalizado que se lles proporcionará na Área de Turismo e Cultura ou tamén podendo descargalo da web provincial Área de Turismo e Cultura. A solicitude deberá presentarse no Rexistro da Deputación de Lugo, acompañada da seguinte documentación:

Solicitude de participación no Programa de Teatro Profesional 2019, PROSCENIO.

Fotocopia compulsada de estar dada de alta no IAE, dentro dun epígrafe acorde coa prestación a desenvolver.
Fotocopia compulsada da tarxeta do CIF da entidade.
Fotocopia compulsada da tarxeta do NIF do representante Certificado dos datos bancarios Documentación técnica elaboración dun informe explicativo Declaración responsable acreditativa do domicilio social e do enderezo do local de ensaios da compañía.
Anexo 1
Orzamento de gastos previstos e necesarios para a representación da obra/as. Anexo 2
Declaracións responsables do representante da compañía teatral. Anexo 3

Anuncio publicado en: Num BOP 48 año 2019 25/02/2019 13:54:31
26/02/2019 08:00:00

Ter en conta que a Deputación só aboará como máximoo 50 % do custo total de cada actuación, quedando a cargo do Concello ou da asociación cultural solicitante como mínimo o 50 % restante. Estas facturas deberán presentarse na área de Turismo e Cultura da Deputación de Lugo, sempre e despois de que a unidade xestora teña coñecemento de que a actuación foi realizada con satisfacción e que o beneficiario da actuación presente certificado de actuación onde constará a recadación total obtida pola representación teatral se fose o caso, segundo o establecido no anexo 9.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/02/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha26/02/2019

Nro. de páginas57

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Febrero 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
2425262728