Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/09/2018

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 215 martes, 18 de setembro de 2018

BOP de Lugo
Lugar de presentación: Será no Rexistro Xeral do Concello ou a través das formas establecidas na vixente Lei do Procedemento Administrativo Común.
BASES ESPECÍFICAS POLAS QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN DUN EMPREGO:
ANIMADOR TURÍSTICO, COMO FUNCIONARIO INTERINO ART. 10.1.C/ EBEP, A TRAVÉS DO SISTEMA DE
CONCURSO-OPOSICIÓN, PARA PRESTAR SERVIZOS NO CONCELLO DE ALFOZ PROGRAMA: FOMENTO DO
EMPREGO 2018.
1. OBXECTO.
Constitúe o obxecto das presentes bases específicas, que complementan as bases xerais polas que se establecen as normas para a selección de persoal para prestar servizos no concello de Alfoz publicadas no BOP de Lugo de data 23 de novembro de 2017, a regulación do procedemento de selección mediante sistema de concursooposición do posto de ANIMADOR TURÍSTICO a xornada parcial 50% ao abeiro do Programa de Fomento do Emprego 2018 de conformidade co Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2018, publicado no BOP
de Lugo de data 3 de marzo de 2018.
2. DENOMINACIÓN DO EMPREGO E CARÁCTERÍSTICAS:
- DENOMINACIÓN: Animador turístico.
- Grupo/subgrupo Profesional: C/C2.
- Réxime Xurídico: Funcionarial funcionario interino do artigo 10.1.c/ execución de programas de carácter temporal do RDL 5/2015, do 30 de outubro, Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
- DURACIÓN DO VÍNCULO de servizo: 12 meses desde a formalización do contrato e cun límite temporal do 30/09/2019.
- tempo Xornada: A media xornada 50 % xornada.

4. REQUISITOS DOS ASPIRANTES.
a Xerais:
Titulación Académica mínima necesaria para participar no proceso selectivo: Diplomados en Educación Secundaria Obrigatoria e equivalentes.
b Específicos:
- Estar inscrito na Oficina de Emprego en situación de desemprego ou de mellora de emprego para o caso en que a xornada de traballo sexa igual ou inferior o 50% da xornada, que deberá acreditarse con certificación da Oficina de Emprego e/ou cun informe de vida laboral actualizado, expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.
- Nivel de coñecemento do idioma galego esixido para realizar as funcións da praza/posto/emprego convocado:
CELGA 3 ou se carece desta acreditación a persoa aspirante someterase obrigatoriamente á proba de coñecemento do idioma galego.
Os anteriores requisitos, deberanse posuír con referencia ao último día do prazo de presentación de solicitudes e gozar dos mesmos durante o proceso selectivo.
5. SISTEMA DE SELECCIÓN: CONCURSO - OPOSICIÓN.
5.1. FASE DE OPOSICIÓN.
A proba a realizar na fase de oposición será de carácter teórico e a súa finalidade é que as persoas aspirantes poidan amosar os seus coñecementos sobre as materias comúns e as materias específica contidas no programa.
A proba poderá consistir, segundo determine o Tribunal, en:
Primeira opción:
A Exame tipo test sobre os temas incluídos no apartado de materias común do programa.
B Exposición por escrito dun tema, ou dunha parte deste, das materias específicas do programa, determinado por sorteo diante das persoas participantes.
Segunda opción:
Nun exame tipo test que abrangue a totalidade do programa materias comúns e específicas.
O Tribunal determinará:
O número de preguntas do exame tipo test.

Anuncio publicado en: Num BOP 215 año 2018 18/09/2018 08:00:00

3.- RETRIBUCIÓNS: Soldo correspondente ao Grupo/Subgrupo Profesional C/C2 e Nivel Complemento de Destino: 16. Dúas pagas extras ou, se é o caso, a parte proporcional correspondente.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/09/2018

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha18/09/2018

Nro. de páginas19

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Septiembre 2018>>>
DLMMJVS
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30