Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/08/2018

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

27

Núm. 198 mércores, 29 de agosto de 2018

BOP de Lugo
SEXTO. Tribunal Cualificador Os órganos de selección serán colexiados e a súa composición deberá axustarse aos principios de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros, e tenderase, así mesmo, á paridade entre muller e home.
O persoal de elección ou de designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual non poderán formar parte dos órganos de selección.
A pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, non podendo ostentarse ésta en representación ou por conta de ninguén. Os Tribunais cualificadores estarán constituídos por:
Presidente.
Secretario o da Corporación ou membro da mesma en quen delegue.
Vogais que determine a convocatoria A pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, non podendo ostentarse esta en representación ou por conta de ninguén.
A abstención e recusación dos membros do Tribunal será de conformidade cos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.
SÉTIMO. Sistemas de Selección e Desenvolvemento dos Procesos PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN
O procedemento de selección dos aspirantes será o concursooposición.
--FASE DE CONCURSO:
Só aos aspirantes que superen a oposición valoraráselles na fase de concurso os méritos que aleguen e xustifiquen documentalmente e que serán:
Méritos computables:
a Experiencia:
1.- Experiencia profesional en postos de traballo de peón. Ata un máximo de 3 puntos.
Por cada mes completo de servizos prestados nunha Administración Pública no posto de peón de servizos múltiples 0,20 puntos.
Por cada mes completo de servizos prestados en empresas privadas no posto de peón mediante relación laboral: 0,10 puntos.
No se terán en conta á hora de efectuar a valoración os períodos inferiores ao mes de servizo.
Os méritos alegados acreditaranse mediante certificación expedida pola Administración onde se prestaron os servizos ou mediante informe da vida laboral ao que se lle deberán xuntar os oportunos contratos. Na dita documentación deberá quedar acreditado a equivalencia entre os postos desempeñados cos da presente convocatoria.
b Formación:
1- Cursos de formación sobre materias directamente relacionadas co posto de traballo, impartidos por Administracións Públicas, Organismos Oficiais dependentes de calquera das administración públicas ou homologados por estas . Ata un máximo de 1 punto, de acordo coa seguinte escala :
a Por cada curso de ata 30 horas : 0,20 puntos .
b Por cada curso de ata 31 a 100 horas lectivas : 0,30 puntos .
c Por cada curso de 101 a 200 horas lectivas : 0,50 puntos .
d Por cada curso de máis de 200 horas lectivas : 0,75 puntos .
Os méritos alegados neste apartado acreditaranse mediante a presentación do orixinal ou copia compulsada do título ou certificado de realización de cada curso, no que deberá constar expresamente o número de horas do curso e un resumo das materias impartidas .
No suposto de que non conste o número de horas do curso éste valorarase con 0,10 puntos.
c Entrevista curricular. Ata un máximo de 2 puntos .
--FASE DE OPOSICIÓN
Ata un máximo de 6 puntos.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/08/2018

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha29/08/2018

Nro. de páginas30

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones