Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/08/2018

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

11

Núm. 187 xoves, 16 de agosto de 2018

BOP de Lugo
Castroverde, a 7 de agosto de 2018.- O Alcalde, Xosé María Arias Fernández R. 2300

Anuncio Por Resolución da Alcaldía de data 1 de agosto ditouse a resolución de aprobación inicial aos seguintes padróns, correspondentes ao segundo trimestre do ano 2018:
-

Padrón da taxa polo abastecemento de auga a domicilio, no que se inclúe o canon da auga 2º trimestre do ano 2018.

-

Padrón da taxa por recollida de lixo.

-

Padrón de sumidoiros.

Expóñense ao público polo pazo de 15 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste edicto no BOP de Lugo.
Recursos: Contra o acordo de aprobación dos padróns de: abastecemento de auga, recollida de lixo, rede de sumidoiros, e servizo de axuda no fogar, poderá interporse recurso de reposición.
Prazo de presentación do recurso: Un mes contado dende o día seguinte ao da finalización do período de exposición ao público dos padróns.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, que no seu caso se formule, poderá interporse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establezan na Lei Reguladora da referida xurisdicción.
A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia, no prazo de un mes dende que se entende producida a notificación.
ANUNCIO DE COBRANZA
Para o cobro dos mesmos, os recibos seranlles cargados nas contas bancarias respectivas, e fíxase como período de cobro voluntario o prazo de dous meses, dende o día 15 de agosto de 2018 ata o 15 de outubro de 2018.
Finalizado o prazo pasarase o seu cobro pola vía de constrinximento, cos recargos previstos no artigo 28 de Lei 58/2003 de 17 de decembro, Facenda Pública, Lei Xeral Tributaria, a través do Servizo Provincial de Recadación da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
No tocante ao canon da auga, a falta de pago no período voluntario suporá a súa esixencia directamente pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza, ten o carácter de notificación colectiva, ao amparo do establecido no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria.
Castroverde, a 07 de agosto de 2018.- O Alcalde, Xosé M Arias Fernández R. 2301

MONFORTE DE LEMOS
Anuncio SELECCIÓN DUN/DUNHA OFICIAL 1 ADSCRITO/A AO SERVIZO DE CULTURA, PERSOAL LABORAL
TEMPORAL ó 50 % DA XORNADA, baixo a modalidade de contrato de relevo vinculado á xubilación parcial de don Jose Manuel Gallego Felipez, así como a constitución dunha bolsa de traballo para as futuras contratacións que resulten necesarias a fin de cubrir temporalmente vacantes nesta praza Relevista e relevado.
Por acordo de Xunta de Goberno Local de data 6 de agosto de 2018 aprobáronse as bases da convocatoria indicada .
As persoas aspirantes que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán facelo constar mediante solicitude, dirixida ao Sr. Alcalde - Presidente do Concello de Monforte de Lemos con arreglo ao modelo que figura na páxina web do Concello de www.monfortedelemos.es.
A presentación das solicitude farase no Rexistro de documentos do Concello en horario de nove a dúas ou en calquera dos restantes lugares previstos no artigo 16 da 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común, no prazo de VINTE 20 días naturais dende o día seguinte da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/08/2018

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha16/08/2018

Nro. de páginas13

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones