Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/08/2018

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

7

Núm. 177 venres, 3 de agosto de 2018

BOP de Lugo
OITAVO.- AVALIACIÓN DAS SOLICITUDES
A área de Innovación, Participación Cidadá, Mocidade e Deporte desta Deputación Provincial de Lugo será a encargada de instruír e tramitar os respectivos expedientes. Para tal efecto constituirase unha Comisión de Avaliación que se encargará da valoración das solicitudes presentadas e formulará unha proposta a través do órgano instrutor consonte ao disposto no Artigo 24 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
A devandita Comisión atenderá o principio de representación paritaria e estará composta por tres funcionarios/as da Deputación de Lugo, a Sra. Interventora e Sr. Secretario Xeral da Deputación Provincial.
As regras de funcionamento da Comisión serán as recollidas na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
Os funcionarios da Deputación que se integrarán na sinalada Comisión de avaliación serán designados por Resolución da Presidencia, que precisará quen ostentará a Presidencia.
Revisados os expedientes e completados, de ser o caso, remitiranse á Comisión de Valoración para que esta proceda á súa avaliación e informe, no que se concretará o resultado da avaliación efectuada.
A Comisión de avaliación resolverá e incluirá no seu informe, de ser o caso, aquelas dúbidas que puidesen xurdir na aplicación dos criterios establecidos.
O órgano instrutor, elevará á Xunta de Goberno da Deputación para a súa aprobación o informe da comisión de valoración xunto coa proposta de resolución.
A proposta, que non terá carácter vinculante, deberá expresar o/a solicitante ou a relación de solicitantes para os que se propón a concesión da bolsa, e a súa contía, debendo facer constar de xeito expreso a desestimación do resto das solicitudes, se e o caso, segundo os principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, establecendo a orde de puntuación para os posíbeis bolseiros/as suplentes.
Á Área de Deporte, poderá nese caso propoñer, de así o considerar, -e para os efectos indicados de se producir algunha renuncia-, a asignación de bolsa ao bolseiro/a suplente de acordo co mencionada listaxe e coa puntuación obtida por cada un dos/das solicitantes, con data límite 31/12/2018 e tendo en conta o crédito dispoñible.
O prazo máximo para resolver o procedemento,será como máximo, de tres meses e en todo caso, antes do 31
de decembro de 2018. Transcorrido o citado prazo sen que se adopte resolución expresa, entenderase desestimada.
A aceptación da bolsa concedida entenderase efectuada se no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte hábil ao da notificación da resolución non renunciaran a ela expresamente mediante escrito dirixido á Área de Innovación, Participación Cidadá, Mocidade e Deportes.
NOVENO.- CRITERIOS DE VALORACIÓN
Os criterios de valoración están divididos en 4 apartados:
A.- PALMARÉS
B.- RANKING OFICIAL
C.- PARTICIPACIÓN EN PROBAS FEDERADAS
D.- OUTRAS VALORACIÓNS
A.- PALMARÉS
A.1.- PALMARÉS TÍTULOS NACIONAL / AUTONÓMICO GALEGO ABSOLUTOS
Neste apartado, computarase por cada título obtido polo/a solicitante 1º, 2º e 3º posto durante a súa carreira deportiva segundo o cadro que se indica, sempre que se acredite pola Federación de Automobilismo correspondente.
Valoraranse coa correspondente puntuación exclusivamente os tres primeiros postos.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/08/2018

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha03/08/2018

Nro. de páginas30

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones