Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/12/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

15

Núm. 293 luns, 23 de decembro de 2019

BOP Lugo
-Nos casos das concesións, unha vez notificada a liquidación individual, nos prazos e formas previstos no Regulamento Xeral de Recadación.
Para o cobro da taxa polos servizos de limpeza e conservación, elaborarase anualmente un padrón, comprensivo dos datos identificativos dos suxeitos pasivos, número de unidades obxecto de gravame e cota total anual resultante.
No caso de obtención da concesión nunha data posterior ao 1 de xaneiro de cada ano, a devandita cota, será prorrateada por trimestres naturais.
A falta de pagamento da cota anual polo concepto de limpeza e conservación, o Concello tramitará o correspondente expediente para determina-la caducidade das correspondentes concesións e reverte-las mesmas ao Concello.
O devandito expediente, salvo precepto legal que estableza outro procedemento será o seguinte: Notificación individual aos interesados concedendo un prazo de quince días para o pagamento dos importes correspondentes, así como as recargas, gastos e xuros que procedan; de non ser posble a notificación individual , sustituirase a mesma pola notificación mediante anuncio no Boletín Oficial correspondente.
ARTIGO 9- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ao disposto no título IV da Lei Xeral Tributaria.
DISPOSICIÓN ADICIONAL
As disposicións desta Ordenanza que, reproduzan aspectos da lexislación vixente e normas legais de aplicación e aqueles que fagan remisión a preceptos legais, entenderanse automáticamente modificados e/ou substituidos no momento no que se produza a modificación dos mesmos.

A presente Ordenanza Fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada na data 11 de decembro de 2019 entrando en vigor pasados 30 días dende a sua publicación no Boletin Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.
O Valadouro, 17 de decembro de 2019. O Alcalde, Edmundo Maseda Maseda.
R. 3834

O VICEDO
Anuncio EXPOSICIÓN Ó PÚBLICO
Por resolución da Alcaldía de 13 de decembro de 2019, prestouse aprobación inicial ao padrón correspondente ao mes de novembro de 2019 do prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar.
Consonte ao disposto no artigo 102.3 da Lei xeral tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pagamento do prezo público, que dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, ao obxecto de que poidan ser examinados e presentar as reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 223.1 da Lei xeral tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición perante o Sr. Alcalde Presidente, no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao do remate do período voluntario de pagamento.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdición.
Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
ANUNCIO DE COBRANZA
De conformidade co disposto no artigos 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación R.D. 939/2005, do 29 de xullo, fíxase como prazo de ingreso, en período voluntario, dous meses a contar dende o día da súa publicación no Boletín . Para o cobramento dos mesmos, ós contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles adebedados nas contas bancarias respectivas.
Para os demais contribuíntes, os recibos seranlles enviados ó enderezo declarado do suxeito pasivo por correo ordinario para que poidan efectuar o pagamento en calquera oficina das entidades bancarias radicadas no termo municipal do Vicedo.

Anuncio publicado en: Num BOP 293 año 2019 23/12/2019
20/12/2019 08:00:00
13:26:28

DISPOSICIÓN DERRADEIRA

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/12/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date23/12/2019

Page count16

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Diciembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031