Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 25/10/2018

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 245 xoves, 25 de outubro de 2018

BOP de Lugo
LÁNCARA
Anuncio Información pública Por acordo da xunta de goberno local en sesión realizada o 16 de agosto de 2018 adxudicouse o contrato de servizo de limpeza viaria e da recollida de residuos no municipio de Láncara, o transporte á estación de transferencia situada no municipio de Lugo, e o lavado e mantemento dos colectores do Concello de Láncara.
Publícase a súa formalización para os efectos do artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.
1. Entidade adxudicadora: Concello de Láncara.
- Número de expediente: 294/2017.
-.Enderezo da Internet do perfil do contratante: http:/lancara.sedelectronica.gal.
2. Obxecto do contrato: Servizo de limpeza viaria e da recollida de residuos no municipio de Láncara, o transporte á estación de transferencia situada no municipio de Lugo, e o lavado e mantemento dos colectores do Concello de Láncara -.CPV. 90611000-3 90511300-5, 90512000-9., 90918000-5
- Medio de publicación do anuncio de licitación. DOUE , BOE, BOP e perfil do contratante.
- Data de publicación do anuncio de licitación. 14/02/2018, 19/02/2018 e 27/02/2018.
3. Tramitación e procedemento: aberto, varios criterios de adxudicación.
4. Valor estimado do contrato: 372.400,00 euros.

6. Formalización del contrato:
- Data de adxudicación. 16/08/2018.
- Data de formalización do contrato. 05/09/2018.
- Contratista. Limpergal S.L.
- Importe de adxudicación:

Recollida domiciliaria selectiva: 64.484,53 euros IVE excluído/anuais e 70.932,98 euros IVE incluído/anuais.
Limpeza viaria: 24.224,27 euros IVE excluído/anuais e 26.646,70 euros IVE incluído/anuais.

- Prazo do contrato: 2 anos prorrogables por outros 2.
A Pobra de San Xiao Láncara, 19 de outubro de 2018 .-O alcalde, Darío A. Piñeiro López.
R. 2943

LOURENZÁ
Anuncio Exposición pública do Padrón das Taxas polo Servizos de Subministración de auga, conservación de contadores, canon da auga, coeficiente de vertedura e saneamento.
Configurado pola empresa concesionaria do servizo de subministración domiciliaria de auga potable e saneamento, o padrón das taxas polos servizos de subministración de auga, conservación de contadores, canon da auga, coeficiente de verteduras e saneamento, correspondente ao 3º trimestre de 2018, o citado padrón estará a disposición do publico durante 15 días a contar dende a data de publicación do presente anuncio no BOP na Oficina de ESPINA & DELFÍN, S.L. sita na rúa Ponte de Cuñas 11 Recinto Feiral en horario de 12:00 a 14:00 horas, os luns, mércores e xoves, e os días 9 e 28 laborais, para que os interesados poidan examinalo, e, no seu caso, formular as reclamacións oportunas.
Contra os recibos que contén o padrón poderá formularse perante a Sra. Alcaldesa, o recurso de reposición previo ao contencioso - administrativo do artigo 14.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, no prazo dun mes que se contará dende o día seguinte ao da finalización da exposición pública do padrón, nos termos previstos en dito precepto legal.
Polo que respecta ao canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico - administrativa ante o órgano económico administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia tamén no prazo dun mes dende que se entenda producida a notificación consonte co disposto no artigo 49.7 do Decreto 136/2012 polo que se aproba
Anuncio publicado en: Num BOP 245 año 2018 25/10/2018
24/10/2018 08:00:00
11:38:44

5. Orzamento base de licitación. Neto 186.200 euros, total 204.800 euros

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 25/10/2018

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date25/10/2018

Page count11

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Octubre 2018>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031