Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/10/2018

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 234 xoves, 11 de outubro de 2018

BOP de Lugo
3º.- Ordenar que se realicen cantos trámites sexan necesarios para desenvolver este procedemento selectivo.
Lugo, 2 de outubro do 2018.- O SECRETARIO EN FUNCIÓNS, Don Manuel Castiñeira Castiñeira.
BASES ESPECÍFICAS QUE REXERÁN O CONCURSO - OPOSICIÓN AO OBXECTO DE CONSTITUÍR UNHA LISTAXE
DE EMPREGO TEMPORAL DE DINAMIZADOR/A DE XESTIÓN CULTURAL..
1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA: Constitución de listaxe de aspirantes a prestar servizos temporais como DINAMIZADOR/A DE XESTIÓN CULTURAL.
2.- RELACIÓN XURÍDICA: Funcionario Interino regulado no art. 10.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30
de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
3.- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA/POSTO/EMPREGO:

DENOMINACIÓN: DINAMIZADOR/A DE XESTIÓN CULTURAL

GRUPO/SUBGRUPO DE CLASIFICACIÓN: C/C1.

CLASIFICACIÓN: Escala de Administración Especial. Subescala Servizos Especiais, Praza de cometidos especiais.

4.- BASES DA CONVOCATORIA:
A BASES XERAIS: Con respecto ás Bases Xerais que rexerán neste procedemento selectivos estarase ás aprobadas por acordo da Xunta de Goberno na súa sesión do día 04 de decembro de 2015 publicadas no BOP nº 289 de data 17/12/2015.
B BASES ESPECÍFICAS: As bases específicas que rexerán este proceso selectivo para constituír a listaxe serán as recollidas nos seguintes apartados.

O cometido funcional desta praza/ posto de traballo/emprego consistirá na realización das funcións propias da mesma, conforme á titulación esixida, baixo a dirección e supervisión correspondente, así como outras, que dentro da súa competencia, poidan ser encomendadas polos órganos competentes da Deputación provincial en calquera dos servizos desta.
Os ocupantes destes postos realizarán as funcións que, conforme á relación de postos de traballo vixente ou disposición que a substitúa, se determinen para este.
En ausencia de fixación destas na RPT, realizará as que lle sexa atribuídas por calquera outra norma, polo Xefe da Área ou Servizo correspondente de acordo coas necesidades do centro, área ou servizo.
6.- REQUISITOS INDISPENSABLES. TITULACIÓN ACADÉMICA: Título de Bacharelato ou Técnico de Formación Profesional, conforme ao previsto no artigo 76 do EBEP.
7.- NIVEL DE GALEGO ESIXIDO: CELGA 4.
8.- PROGRAMA.
A MATERIAS COMÚNS.
Tema 1.- A Constitución de 1987. Principios Xerais. Os dereitos e deberes fundamentais dos españois. Principais órganos do Estado. A Coroa e as Cortes Xerais. O Goberno e a Administración. O Poder Xudicial e o Tribunal Constitucional.
Tema 2.- A organización territorial do Estado. Distintas Administracións Públicas. A Administración do Estado. O
estatuto de Autonomía de Galicia: aspectos esenciais.
Tema 3.- A provincia no réxime local. A organización Provincial. Competencias. A Deputación Provincial de Lugo.
Organización desta.
Tema 4.- Conceptos xerais do procedemento administrativo local e das Facendas Locais.
B MATERIAS ESPECÍFICAS:
Tema 1.- Intervención cultural: concepto. A cultura na sociedade actual. Ámbitos de intervención cultural.
Patrimonio histórico-artístico e fundacións.
Tema 2.- A cultura como servizo. Formas de xestión dos servizos públicos locais na normativa de réxime local vixente.
Tema 3.- O proxecto de xestión cultural. O proxecto como ferramenta de traballo na xestión cultural. Esquema para o deseño dun proxecto cultural. Presentación e análise xeral dun esquema de proxecto de xestión cultural.
Tema 4.- O proxecto cultural: orixes e antecedentes. Análise interno da organización. Definición do proxecto.
Destinatarios. Contido. Obxectivos. Estratexias e actividades.

Anuncio publicado en: Num BOP 234 año 2018 11/10/2018
10/10/2018 08:00:00
13:36:42

5.- FUNCIÓNS DA PRAZA/POSTO DE TRABALLO:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/10/2018

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date11/10/2018

Page count29

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Octubre 2018>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031