Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/10/2018

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 230 sábado, 6 de outubro de 2018

BOP de Lugo
O importe máximo a subvencionar será de 2.000,00 €, importe consignado na aplicación 338.48 do orzamento municipal para o exercicio 2018
Serán actividades subvencionables ó abeiro das presentes Bases aqueles gastos derivados do fomento de actividades e programas relacionados coas festividades locais levadas a cabo no período comprendido entre o 1
de xaneiro e o 31 de decembro de 2018. Non se subvencionarán gastos de comidas.
O importe das axudas en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutros organismos públicos ou privados, supere o custo da actividade subvencionada.
4. SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR
4.1 PRAZO: As solicitudes deberán presentarse ata o 15 de novembro de 2018
4.2. LUGAR: Rexistro Xeral do Concello de Folgoso do Courel de 9:00 h a 14:00 h.
4.3 DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBERÁ XUNTAR:
1. Solicitude, segundo modelos normalizados que se facilitará polo Concello, asinado por persoa física ou presidente/representante da entidade organizadora da actividade.
2. Fotocopia do CIF no caso de persoas xurídica e do NIF no caso de persoas físicas. No caso de que se trate dunha agrupación de persoas ou comisión de festas deberán facer constar o nome de tódolos membros e acompañarán do DNI de cada un deles.
3. Memoria explicativa da actividade realizada, con especificación da data, lugar de realización, obxectivo e fins concretos a que se destinarán os fondos e orzamento de gastos da actividade e que as facturas que se presentan foron aplicadas á actividade subvencionada.

5. Declaración responsable da entidade solicitante na que conste as subvencións e/ou axudas solicitadas para a mesma finalidade, con expresión da súa contía, comprometéndose a comunicar ó Concello a concesión de calquera outra axuda de Entes públicos ou privados.
6. Declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario e de non ser debedor á Facenda Estatal, Autonómica e Local, nin á Seguridade Social.
7. Facturas orixinais das mesmas e demais documentación de valor probatorio ou equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil e eficacia administrativa, as facturas deberán estar seladas e firmadas constando o recibo do pagamento. En caso de que o pagamento se realice por transferencia bancaria deberá presentarse extracto ou xustificante bancario.
8. Calquera outro documento que se considere de interese para a mellor avaliación da subvención e calquera outra documentación que lle sexa solicitada polo Concello en relación co outorgamento da subvención.
No caso de que fosen apreciados defectos de forma ou documentación incompleta, requirirase a corrección ou rectificación no prazo de dez días hábiles, arquivándose o expediente sen máis trámites de non efectuarse a mesma.
5.- PUBLICIDADE
A convocatoria destas axudas publicarase no Boletín Oficial da Provincia, no taboleiro de anuncios do Concello e na Base de Datos Nacional de Subvencións e farase por Decreto da Alcaldía.
6. CRITERIOS DE OUTORGAMENTO
Serán subvencionables os gastos derivados do fomento de actividades e programas relacionados cas festividades locais.
No caso de que o proxecto se adecúe a finalidade da subvención percibiranse as seguintes cantidades como máximo:
Festas en Folgoso e Seoane do Courel: 500,00 €
Festas no resto de lugares do municipio: 100,00 €.
No caso de que o número de solicitudes sexa superior o importe establecido como máximo, reducirase proporcionalmente.
7.- PROCEDEMENTO
O órgano competente para a concesión das axudas será o alcalde, previo informe da Intervención municipal.
O acordo de concesión ou denegación será motivado, quedando constancia no expediente dos fundamentos da resolución que se adopte. As axudas concedidas notificaranse individualmente no prazo máximo de tres meses, a contar dende a finalización do prazo de presentación de solicitudes e en todo caso antes do 31 de decembro de 2018, e publicaranse no taboleiro de anuncios do concello.

Anuncio publicado en: Num BOP 230 año 2018 06/10/2018
04/10/2018 08:00:00
14:00:32

4. Datos bancarios da conta á que se poderá transferir o importe da subvención, debidamente certificada pola entidade bancaria.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/10/2018

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date06/10/2018

Page count26

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions