Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/09/2018

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 27 DE SETEMBRO DE 2018

N.º 223

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución de 5 de setembro de 2018 da Xefatura Territorial de Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Sober. expediente IN407A 2018/15-2-8622-AT
Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
- Solicitante: Unión Fenosa Distribución S.A
- Domicilio social: A Batundeira, Velle, Ourense
- Situación: concello de Sober - Características técnicas:

Substitución do transformador intemperie actual de 50 kVA C.T. Lampaza por outro de 100 kVA e relación de transformación 20.000/400-230V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, BOE núm. 310 do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real Decreto 1955/2000, do 1 de decembro BOE nº 310, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real Decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e na Resolución de 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construcción D.O.G.
núm. 54 de 19 de marzo, esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan dos Decretos 135/2017 do 28 de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, y tendo en conta o Decreto 9/2017, de 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e de construción a ditas instalacións, cuxas características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no seu proxecto e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independientemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da fecha da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Empleo e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito Lugo 18 de setembro de 2018.- A xefa territorial.- Pilar Fernández López.
R. 2615

Anuncio publicado en: Num BOP 223 año 2018 27/09/2018
26/09/2018 08:00:00
13:38:42

- Denominación: ampliación de potencia CT Lampaza 27AG96, Sober

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/09/2018

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date27/09/2018

Page count13

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2018>>>
DLMMJVS
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30